Novas
DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS – DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA FEMP
Cada 15 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, proclamado polas Nacións Unidas para empoderar e recoñecer a contribución esencial das mulleres e as nenas rurais ao desenvolvemento sostible, a seguridade alimentaria, a erradicación da pobreza e o progreso das comunidades rurais.
Este recoñecemento debe traducirse en medidas en favor da autonomía económica das mulleres rurais, xa sexan traballadoras por conta propia ou asalariadas, e debe garantir o seu acceso aos servizos públicos, a súa participación nas decisións e unhas condicións de vida e traballo dignas.
Esta conmemoración adquire unha especial relevancia en 2026, declarado Ano Internacional da Agricultora, unha iniciativa impulsada pola FAO que pon o foco na contribución das mulleres á agricultura e os sistemas agroalimentarios e que invita a reforzar as políticas públicas dirixidas a eliminar as desigualdades que aínda persisten no medio rural.
As mulleres rurais desempeñan un papel imprescindible no desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental dos nosos municipios. A súa achega trascende o ámbito agrario: son agricultoras, gandeiras, empresarias, profesionais, traballadoras autónomas, comerciantes, artesás, coidadoras, investigadoras, docentes, representantes públicas e axentes fundamentais para a cohesión social e territorial.
Son elas quen manteñen vivos os nosos pobos, axentes chave na transición ecolóxica, na innovación agroalimentaria, no emprendemento local e na sostibilidade dos territorios.
As entidades locais, como administración máis cercana á cidadanía, desempeñan un papel esencial para garantir a igualdade de oportunidades no medio rural. Desde a proximidade impulsan políticas públicas adaptadas á realidade de cada territorio, favorecen a participación das mulleres, fortalecen a cohesión social e contribúen a que poidan desenvolver libremente os ses proxectos personais e profesionais alí onde decidan vivir.
A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no medio rural constitúe ademais un elemento esencial para avanzar no cumprimiento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. O fortalecemento dos dereitos, a participación e o liderado das mulleres rurais contribúe directamente á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente do ODS 5 (Igualdade de xénero), o ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico), o ODS 10 (Redución das desigualdades) e o ODS 11 (Ciudades e comunidades sostibles), obxectivos cos que as entidades locais manteñen un firme compromiso.
A prevención e a atención frente a todas as formas de violencia contra as mulleres esixen unha resposta adaptada ao medio rural. A dispersión xeográfica, o illamento, as dificultades de mobilidade e a menor dispoñibilidade de recursos especializados poden dificultar o acceso á protección e a atención. No marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, as administracións competentes deben garantir recursos accesibles, atención especializada, confidencialidade, acompañamento e coordinación institucional, tamén nos municipios pequenos.
A colaboración coas organizacións representativas das mulleres rurais resulta igualmente fundamental. Entidades como AFAMMER e FADEMUR desenvolven desde fai décadas un labor de representación, sensibilización, formación, impulso do emprendemento e defensa dos dereitos das mulleres que viven e traballan nos nosos pobos. A FEMP recoñece a traxectoria de AFAMMER e FADEMUR, así como o labor do conxunto de asociacións, colectivos e organizacións de mulleres rurais. Reafirma a súa vontade de contar coa súa experiencia, desde unha participación plural, no deseño, seguimento e avaliación das políticas públicas locais.
Asimesmo, a implementación de políticas públicas desde a colaboración entre Administracións públicas, como o fomento da titularidade compartida en explotacións agrarias mediante campañas informativas e liñas de axudas, ou a incorporación da perspectiva de xénero na Política Agraria Común para permitir un
trato preferente ás mulleres nas axudas da PAC, poñen de manifesto a necesidade dunha leal coordinación administrativa e son fundamentais para seguir avanzando.
A igualdade efectiva entre mulleres e homes constitúe unha condición indispensable para afrontar o reto demográfico, fortalecer a cohesión territorial e construír municipios máis dinámicos, inclusivos e sostibles.
Por iso, con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, a Federación Española de Municipios e Provincias:
- Reafirma o seu compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes como principio inspirador das políticas públicas locais.
- Promoverá a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas locais relacionadas co desenvolvemento rural, o emprego, o emprendemento, a vivenda, a mobilidade, a dixitalización, os coidados e o reto demográfico.
- Impulsará o recoñecemento e a visibilización da contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento económico, social, cultural e comunitario dos nosos municipios.
- Favorecerá a difusión dos instrumentos que contribúen ao recoñecemento xurídico, económico e social do traballo das mulleres no sector agrario.
- Respaldará actuacións dirixidas a fomentar o emprendemento feminino, a innovación, a formación, o liderado e o relevo xeracional no medio rural, prestando especial atención ás mulleres novas.
- Defenderá, en colaboración coas administracións competentes, a necesidade de garantir servizos públicos de calidade, conectividade dixital, mobilidad, vivenda e recursos suficientes que permitan desenvolver procectos de vida en igualdade de oportunidades no medio rural.
- Continuará impulsando actuacións de sensibilización, prevención, coordinación institucional e mellora do acceso aos recursos destinados a combatir todos os xeitos de violencia contra as mulleres.
- Favorecerá a participación das mulleres nos órganos de representación política, económica e social, promovendo a súa presencia nos espazos de decisión da vida local.
- Reforzará a colaboración coas administracións públicas, as organizacións representativas das mulleres rurais e o conxunto de axentes sociais e económicos para avanzar en políticas públicas que contribúan á igualdade de oportunidades e ao desenvolvemento sostible do medio rural.
- Invita aos concellos, deputacións, cabildos e consellos insulares a sumarse a esta conmemoración e a promover actuacións que recoñezan a achega das mulleres rurais e reforcen o compromiso das entidades locais coa igualdade efectiva.
A Federación Española de Municipios e Provincias reitera o seu compromiso cunhas entidades locais que sitúan a igualdade entre mulleres e homes como un principio irrenunciable da acción pública. Recoñecer e apoiar ás mulleres rurais significa fortalecer os nosos municipios, avanzar cara un desenvolvemento territorial máis equilibrado e contribuir, desde o ámbito local, a construir comunidades máis xustas, cohesionadas e con maiores oportunidades para todas as persoas.
actividades municipais
Actividades municipais do Concello de Vilasantar 2025/2026
Xa está dispoñible a información sobre as actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2026/2027. No botón de abaixo podes descargar o díptico con toda a información e a folla de inscrición para as actividades para a infancia e xuventude.
actividades municipais, sostibilidade
Recollida de plásticos agrícolas
O día 5 de outubro a empresa encargada fará a recollida dos plásticos agrícolas. Para facer uso deste servizo é imprescindible anotarse ata o 1 de outubro, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
actividades municipais
XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA
Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ![]()
- 8 de outubro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente
- 15 de outubro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
- 2 de novembro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
- 9 de novembro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente
Anotación: 981 77 82 57
Número de prazas: 30 cada días
Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar. As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data. Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Actividade financiada coa colaboración da Deputación da Coruña



