Establecemento | Dirección | Teléfono |
Casa do Xosé | Pazos 3, Barbeito | 981 778 186 |
Casa Ventureira | Cruce de Sesmonde,51 | 981 786 180 |
Restaurante-Parrillada «CABA» | Cruce de Sesmonde,47 Barbeito | 981 787 088 |
Café Bar «LODEIRO» | Ru, 16, Vilasantar (Comida por encargo) | 981 778 309 |
Mesón «A BODEGUILLA» | Lugar de Foro 42, Presaras (Tapas. Establecemento co distintivo «Compromiso de Calidade Turística») | 981 778 243 |
Bar «TAIBO» | Lugar Foro – Présaras | 981 778 065 |
Taberna de Martís | Ceao 2 – San Vicente de Curtis | 981 778 075 |
Taberna de Bugallo | Vilariño | 981 778 078 |
Taberna do Priorato | Priorato 3 – Mezonzo | 981 778 173 |
Casa Rural O Castiñeiro | Rúa 16 – Vilasantar e-mail: ocastiñeiro@gmail.com Especialidade o chuletón | 981 778 237 / 638 720 168 |
A gastronomía no Concello de Vilasantar presenta como pratos típicos os derivados do porco: xamón, chourizos…e outros embutidos elaborados do xeito tradicional.
No Antroido cabe destacar o lacón con grelos e as filloas, pratos que non poden faltar nunha boa mesa.
Pero o produto estrela é sen dúbida o queixo, mercede a integración deste municipio na Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa.
DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO ARZÚA-ULLOA
Este queixo ten a denominación de orixe desde o ano 1995, e comprende as comarcas de Arzúa, Ulloa, ademáis doutros concellos próximos. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa reflicte unha garantía para o consumidor de que o queixo foi sometido a rigurosos controles de calidade, e por outra banda, garante que foi elaborado con leite propia da zona.
A zona de produción e elaboración do Queixo de Arzúa-Ulloa comprende 15 concellos da Coruña( Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) e 9 de Lugo (Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada).
Dende o ano 1989 este produto recibe a denominación de Producto Galego de Calidade.
Trátase dun queixo elaborado con leite cru , enteiro e pasteurizado, procedente do gando das razas rubia galega, pardo alpina e frisona.De forma discoidal e pequeno tamaño. A codia é lisa e cerosa, de cor amarelo. Os queixos invernais son máis cremosos, namentres os estivais son secos e lixeiramente curados de sabor máis acedo.
Este tipo de queixo é moi apreciado para a cociña pola suavidade, o que fai que acompañe os sabores sen chegar a ocultalos. Funde con facilidade, grazas á súa manteigosidade, debida o alto contido de graxa no leite das vacas galegas.
Tipos de queixo:
Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Arzúa-Ulloa de Granxa :
Caracterízase pola súa forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, de cor amarela, brillante, limpa e lisa. Elaborado con leite pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de seis días. O seu diámetro está comprendido entre 100 e 250 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e 3,5 Kg. O seu aroma lácteo, lembra o da manteiga, e do yogur, con matices de vainilla, nata e noz. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.
Queixo Arzúa-Ulloa Curado:
Elaborado con leite de vaca cru ou pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de catro meses. De forma lenticular ou cilíndrica, o seu diámetro está comprendido entre 120 e 200 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e2,5 kg. Teñen coida de cor armarela moi intensa , brilante e de aspecto graxo. O seu aroma é moi intenso, cun forte ollor a manteiga lixeramente rancia. Sabor salgado, de baixa acidez e amargor medio.
Sede do Consello Regulador da D.O. Arzúa-Ulloa:
Ronda de Pontevedra, 30-1E
15800- Melide- A Coruña-
Tfno: 981 507 653
Fax: 981 507 653