O Concello de Vilasantar conta cun servizo de cultura, que se encarga de programar e organizar todos os actos culturais do Concello, asistir e asesorar ás distintas asociacións do concello e calquera actuación cultural que poda xurdir tanto dos veciños coma doutras institucións e departamentos do concello. O servizo está baixo a atención da animadora cultural.
INFORMACIÓN SOBRE CONVOCATORIAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
I Certame de pintura rápida «Xosé Casal»
O Concello de Vilasantar, en colaboración con Pintores de Galicia, convoca para o 7 de maio de 2023 o primeiro certame de pintura rápida «Xosé Casal», unha homenaxe ao ilustre gaiteiro, compositor e pintor Xosé Casal, veciño de Barbeito. Repartiranse cinco premios ás obras máis salientables:
- Primeiro premio, patrocinado polo Concello de Vilasantar: 1.000 € e diploma.
- Segundo premio, patrocinado por Losán: 600 € e diploma.
- Terceiro premio, patrocinado por GSV Agro: 400 € e diploma.
- Cuarto premio, patrocinado por Bacalaos Boado : 300 € e diploma.
- Quinto premio, patrocinado por Pintores de Galicia: 300 € e diploma
Convocatorias de certames da Deputación da Coruña do ano 2023:
Información de premios e concursos da Deputación da Coruña 2023
- XVIII certame de Arte Isaac Díaz Pardo. Premio único dotado con 6.500 € e ademais adquirirase obra por un importe máximo de 25.000 €. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de abril de 2023
- Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Premiado con 6.500 €. Narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil. O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2023.
- XVIII premio Castelao de banda deseñada. Dous premios de 6.500 € cada un. O prazo de presentación remata o 11 de maio de 2023.
- XVII premio Luis Ksado de creación fotográfica. Premiado con 6.500 €. O prazo de presentación das obras remata o 31 de maio de 2023.
- XXI premio Rafael Dieste de textos teatrais. Premió dotado con 6.500 €. O prazo de presentación remata o 27 de abril de 2023.
- XIV edición do premio Rosalía de Castro de lingua. Tres categorías de premios (persoa, entidade e proxecto concreto), cada unha dotada con 5.000 €. O prazo de presentación remata o 28 de abril de 2023.
- XXXV premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá. Premio de 15.000 €. O prazo de presentación remata o 15 de maio de 2023.
- XIV premio Manuel Murguía de ensaio. Premiado con 6.500 €. O prazo de presentación remata o 1 de abril de 2023.
- VII premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero. Premiado con 6.500 euros. O prazo de presentación remata o 4 de maio de 2023.
Dirección:
Casa consistorial
C/ Ru, s/n, Vilasantar
15807 Vilasantar, A Coruña
Contacto:
981 778 169
trinidad.veiras.freire@vilasantar.com
Técnico de xestión cultural de información xuvenil. De 9.00 a 15.00 h, de luns a venres.
Coa financiación da Deputación da Coruña.
Centros culturais:
Local social do Campo da Feira (Mezonzo)
local social do Priorato (Mezonzo)
Local social do Pazo (Barbeito)
Local social de Vilasantar
Local social de Présaras. Sala de exposicións
Local da xuventude (Présaras)
Local social de Vilariño
Local social de San Vicente
Local social de Armental
Aulas de informática de Vilasantar e de Présaras