AULA INFORMÁTICA
A Aula CeMIT de Vilasantar en colaboración coa Rede CeMIT e a FEGAMP segue poñendo en práctica iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC e a Sociedade de Información na Comunidade Autónoma de Galicia, de ahí que sexa unha aula de referencia.
A Aula pretende contribuír aos obxectivos propostos pola rede:
Vertebrar territorialmente e socialmente a Galicia.
Impulsar o crecemento do sector empresarial tradicional.
Especializar aos profesionais do sector TIC
Potenciar os coñecementos tecnolóxicos do empregado público.
Cursos que se ofertan dende a aula CeMIT: Iniciación á informática e internet, mecanografía, administración electrónica, ofimática, ocio e servizos na rede, seguridade na rede, redes sociais… todas elas dirixidas tanto a maiores como a nenos.
Actividades gratuítas en horario de tarde de 15:00 a 19:00h e con grupos semanais.
Para maior información: dirixirse á aula CeMIT en horario de tarde ou chamando ao teléfono 981 778 169 en horario de mañá.