parque eólico Abrente
Modelo de alegacións contra o proxecto do parque eólico Abrente en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar rexeitamos dende o principio o proxecto do parque eólico Abrente, xa que consideramos que non contaron coa nosa veciñanza, quen sufrirá as molestias, contaminación visual e sonora de cinco aeroxeradores de 250 metros de altura e toda a infraestrutura vencellada. Por iso elaboramos e poñemos á disposición dos veciños e veciñas de Vilasantar, así como de todas as persoas afectadas ou que rexeiten este atentado contra cinco das nosas parroquias, un modelo de alegacións para que as podan presentar dun xeito sinxelo. Este paso é imprescindible para poder persoarse nun futuro contra o proxecto, que aínda pode sufrir moitos cambios e afectar a outros terreos.
Só tes que descargar este arquivo:
Despois telo que encher cos teus datos persoais e presentalo en calquera rexistro oficial (calquera casa do concello, Deputación, Xunta, Correos, rexistro online con certificado dixital…). O plazo remata o 17 de xaneiro.
Se tes algunha dúbida, pódeste poñer en contacto co noso asesor legal, Borxa Colmenero, no 662 626 491, esta semana de 10:00 a 13:00 h.
Animamos a presentar alegacións a todos os veciños e veciñas e a calquera persoa que queira evitar que Vilasantar quede soterrada baixo as pás dos eólicos.