Axudas
Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (IN500A).
Finaliza o 17 de marzo de 2023
Beneficiarios:
Microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais.
Requisitos
- Viabilidade económica (dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70% do importe, certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento e vendas por importe superior ao triplo do investimento)
- Seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
- Inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
Subvencionan:
Liña 1. Xestión forestal activa.
a) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta destinados a realizar cortas intermedias (desmestas e rareos).
b) Autocargadores e tractocargadores completos.
Liña 2. Madeira e biomasa.
a) Equipamentos de medición de masas forestais en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
b) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
c) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos.
d) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta.
e) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, esteladoras con capacidade de recollida, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa. (Non terán a consideración de maquinaria específica nin procesadora de biomasa os tractores con rozadoras ou trituradoras forestais)
Liña 3. Castaña e resina.
a) Maquinaria específica, equipamentos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte.
b) Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación.
c) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina.
Liña 4. Valor engadido na primeira transformación da madeira.
a) Equipamentos portátiles para a clasificación estrutural de madeira por métodos non destrutivos.
b) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos.
c) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos serrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X e outros tipos.
d) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrada e que permitan abrir novas liñas de negocio a empresa.
e) Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira.
Liña 5. Plans e ferramentas de xestión empresarial.
a) Implantación e, de ser o caso, certificación da cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade ou garantía, marcación CE e plans de mellora de xestión empresarial.
b) Implantación e certificación, se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.
Subvencionan investimentos financiados mediante leasing con opción de compra.
Non subvencionan, entre outros:
Adquisición de terreos, edificacións, mobiliario, maquinaria usada, obra civil, gastos de mantemento e reparacións, motoserras, rozadoras manuais, EPIS, rozadoras de brazo hidráulico articulado, góndolas, cabezas tractoras, plataformas, IVE.
Contía: 40% dos gastos elixibles
Liñas 1 e 4 máximo 200.000 €
Liñas 2 e 3 máximo 150.000 €
Liña 5 máximo 50.000 €