Axudas
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril: adquisición e manutención de cans, pastores eléctricos e/ou de cerrumes con malla electrificada (MT809D).
Beneficiarios:
- Prevención de danos ocasionados polo lobo: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras tipo gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino e apícola incluídas no Rega.
- Prevención de danos ocasionados polo xabaril: persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria inscritas no Reaga ou explotación agrarias destinadas o autoconsumo.
Axudas para:
- Adquisición e manutención de cans protectores e defensores do gando: máximo de 3 cans, segundo o número de reses da explotación. Máximo por adquisición 300€ por can e máximo por manutención 200€ por can.
- Pastores eléctricos: máximo de 3 pastores eléctricos por explotación segundo o número de reses ou superficie PAC; para as explotacións de autoconsumo máximo 1 pastor. Máximo por explotación 600€, e cun máximo de 150€ por pastor eléctrico alimentado con batería ou conectado á rede eléctrica e máximo 300€ por pastor con batería alimentada con panel fotovoltaico.
- Cerrumes móbiles de malla electrificada: Contía máxima será de 100€ por malla de 50m ata un máximo de 8 mallas por explotación.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
A través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Prazo: ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis info:
Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Dirección Xeral de Patrimonio Natural: (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
Teléfono: 881997212/ 981546084
caza.pesca@xunta.gal
http://www.cmati.xunta.es/
Axudas
Axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas no 2023 e 2024
Beneficiarios: Titulares de explotacións agrarias (Reaga) e de autoconsumo.
Danos comunicados entre o 11 de outubro de 2023 e 10 de outubro de 2024 (os danos comunicados a partir desta data entrarán nas axudas do ano 2025).
Importante comunicar o dano no prazo de 3 días dende que se produza. Chamar ao 012 para rexistrar a denuncia e o persoal da Consellería desprazarase ao lugar a comprobar os feitos.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
- Lugar: Presentación a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
- Prazos para os danos comunicados ao 012 entre o 11 de outubro de 2023 e o 18 de
xaneiro de 2024: do 18 de xaneiro ao 19 de febreiro de 2024.
- Para os danos comunicados ao 012 a partir do 18 de xaneiro de 2024: 1 mes a contar dende o día seguinte o da comunicación do dano no teléfono 012.
Importe axuda: segundo o seguinte baremo ata un máximo de 2.750€.
Tipo de cultivo | Importe €/m2 |
Millo en gran | 0.19 |
Millo forraxeiro | 0.29 |
Trigo | 0.14 |
Centeo | 0.14 |
Avea | 0.14 |
Pradaría | 0.14 |
Pataca | 0.51 |
Frutais (incluída vide) | 3.72 |
Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) | 0.79 |
Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro) | 2.10 |
Uva | 3.63 |
Máis info: Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Xefatura Territorial na A Coruña; Servizo de Patrimonio Natural da Coruña (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
981184539