Novas
TURISMO IMSERSO: RENOVACIÓN PARA PARTICIPAR NA TEMPADA 2019-2020
Como en anos anteriores, o Imserso comezou a remitir ás persoas acreditadas no Programa de Turismo do Imserso as cartas de renovación para participar no mesmo na próxima tempada 2019-2020. Nestas cartas achéganse ás persoas acreditadas:
- Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.
- Un impreso de solicitude.
Se
os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que
realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso
cumprimentado.
Se os datos non son correctos ou cambiaron,
debe remitirse o impreso de solicitude cumprimentado.
Como
importante NOVIDADE DESTE ANO o cambio dos datos poderase realizar
directamente pola persoa interesada a través da Sede
electrónica do Imserso
utilizando
o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema
Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
- Directamente a través deste enlace
- Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
- Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
Só no caso de que non se poidan utilizar ningún dos medios anteriores, deberá remitirse o impreso de solicitude cumprimentado cos novos datos ata o mércores 10 de xullo de 2019 en sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.