Novas
AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS E MULLERES RURAIS, ASOCIACIÓNS DE CAZADORES, COLEXIOS PROFESIONAIS, ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS, CÁMARAS DE COMERCIO, ENTIDADES DE NATUREZA PROFESIONAL, COMERCIAL E EMPRESIARAL
No BOP nº 32 (14/02/2019) da Deputación da Coruña ábrese o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro para entidades sen ánimo de lucro para investimentos ou actividades de promoción económica para o ano 2019.
OBXECTO: Realización de investimentos ou actividades para impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostelería…
a) Colexios profesionais, camaras de comercio:
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Creación de páxinas web, aplicación móbiles)
- Organización de congresos, exposicións, talleres, xornadas e seminarios relacionados coa promoción económica.
- Cursos de formación
b) Asociacións de veciños e de mulleres rurais:
- Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.
- Reforma e mellora de locais sociais.
- Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
- Creación de páxinas web, aplicación móbiles, internet vía satélite no rural.
c) Asociacións de cazadores:
– Repoboacións cinexéticas, sinalización Tecord)
d) Entidades de natureza profesional, comercial e empresarial
– Investimentos na hostalería e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalación eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.
-Apoio ás liñas de comercialización e promoción dos produtos de calidade típicos da zona, para dalos a coñecer e permitir a penetración no mercado nacional e internacional, a través de festas de recoñecido interese turístico, feiras e festas de exaltación do produto típico, xornadas, campañas comerciais, publicidade, cursos de formación.
PRAZO DE SOLICITUDE: ATA O 29 DE MARZO DE 2019
CANTIDADE SUBVENCIONABLE: ata o 80% do orzamento.