Novas
AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CAPRINO, COMO CONSECUENCIA DO SACRIFIO OBRIGATORIO DE GANDO EN EXECUCIÓN DE PROGRAMAS OFICIAIS DE ERRADICACIÓN DE ENFERMIDADES
Publicación: Orde do 21 de decembro de 2018 da Consellería de Medio Rural (DOG nº 16 de 23 de xaneiro de 2019)
Beneficiarios: os titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruise de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación. Así como daquelas explotacións onde morresen ou se practicase eutanasia de animais das ditas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Contía: ata 500 € por animal adquirido bovino ou 50 € por animal comprado ovino ou cabrún. As contías por compensacións complementarias determinaranse con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades segundo o anexo I da Orde.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o día 29 de novembro de 2019.
Concede: Consellería de Medio Rural.