Emprego Público
SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE 2 PEÓNS FORESTAIS. APROL RURAL 2024. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/05/2024 ATA O 27/04/2021.
Prazo de presentación de instancias dende o 21/5/2024 ata o 27/04/2024.
Emprego Público
ANUNCIO: Selección de persoal laboral temporal e bolsa de traballo para 2 peóns de obras e servizos municipais, financiado polo PEL Concellos 2024. Publicada o día 14/05/2024
Grazas ao programa PEL Concellos da Deputación da Coruña, contrataremos a dous peóns para traballos de mantemento dos servizos mínimos municipais e tarefas de mellora e mantemento de instalacións, infraestruturas e espazos naturais. O contrato terá unha duración de catro meses e medio a tempo completo e a selección realizarase a través de concurso-oposición.
Pódense presentar candidaturas ata o 29 de maio a través da sede electrónica, nas oficinas municipais ou calquera plataforma oficial habilitada, acompañada de toda a documentación correspondente. Terán preferencia as candidaturas que pertenzan a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.
eventos, Novas
Campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña 2024
Xa está aberto o prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña para este verán de 2024. Podes presentar a inscrición na casa do concello ata o 28 de maio.
Ao Concello de Vilasantar correspóndelle a quenda do 30 de xuño ao 5 de xullo, para nenos e nenas empadroadas no municipio nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015. Terá preferencia a rapazada que non participase nos campamentos en edicións anteriores.
O campamento terá lugar no IES Rosalía Mera, na rúa Archer Milton Huntington, 24, na Coruña.
Máis información en https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos
Axudas, sostibilidade
Axudas para equipos de enerxías renovables e eficiencia enerxética no sector primario
IN421L Axudas para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.
O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de maio de 2024
Beneficiarios:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases.
Obxecto:
- Enerxías renovables: instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración de autoconsumo.
- Aforro e eficiencia enerxética:
a) Acaden un aforro enerxético en relación coa situación inicial igual ou superior a 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible.
b) Implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociados.
Contía da axuda:
- Nova instalación: 30% do custo elixible, máximo de 100.000€/proxecto e 300.000€/ empresa.
- Instalacións de autoconsumo colectivo: máximo 500.000€/ proxecto e 500.000€/ empresa.
- A axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.
Más info: DOG nº 85 30 de abril de 2024
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) 981541539
Email:inega.info@xunta.gal



