Axudas, Novas
Axudas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar. Anualidade 2026
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 18 de novembre de 2026, nº 221, publícase a convocatoria de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar correspondentes ao ano 2026.
O prazo de solicitude remata o 18 de decembro de 2026.
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
- Fotocopia do CIF da entidade
- Fotocopia do DNI do representante legal
- Declaración responsable de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local, así como coa Seguridade Social
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Declaración responsable de non encontrarse incursa en causa de prohibición de contratar.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.



