Novas
BONIFICACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Poden ser beneficiarios os profesionais en activo do sector 1º(a bonificación poder ser do 95% ou do 50% da cota) e os pensionistas do réxime especial agrario (bonificación do 30%) e que ten que solicitarse obrigatoriamente por escrito:
- Terán dereito aqueles inmobles no que estean ubicadas construccións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario (cuadras, pendellos, alpendres, arrimos…)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Fotocopia NIF/CIF
- Solicitude de bonificación (do concello).
- Declaración responsable do titular da actividade (do concello).
- Certificado de facenda da situación censual.
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble (recibo IBI)
- Certificado de non existencia de débedas coas administracións públicas e seguridade social.
- Xustificante de recoñecemento de explotación ou licencia de actividade.
- No caso de pensionistas do réxime especial agrario: xustificante da orixe da pensión.
NOTA: A presente ordenanza está pendente do cumprimento do prazo de alegacións (ata o 19 de decembro) e posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia.