Novas
COMUNICACIÓN DE ENCENDIDO NODO. NOVA XERACIÓN 4G E 5G. PUBLICADO 26/09/2022
O servizo móbil da nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 y 800 MHz dos principais operadores móbiles encontrarase proximamente dispoñible na nosa localidade. Esta mellora aumentará a velocidade de conexión a Internet e os servizos de televisión ademais de preparar as redes do Concello para futuras posibilidades tecnolóxicas.
A tecnoloxía prestada sobre estas bandas de frecuencia, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofertar mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible. Como emprega as mesmas bandas de frecuencia que o sinal de TDT, pódese dar algún problema no visionado de canais.
Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de tv, vídeo e música baixo demanda, así como deceas de novos servizos que verán a luz nos próximos anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.
A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode levar a aparición de determinadas afectacións ou incidencias na recepción da sinal TDT dos usuarios desta localidade, debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.
Habilítase un telefóno de atención gratuito para todos os usuarios que necesiten solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución de afectacións e poder restablecer o servizo TDT con total normalidade.
TELÉFONO GRATUÍTO 900 833 999
E a páxina web con toda a información ao respecto:
Y la página web con toda la información al respecto es: www.llega700.es
Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, neste número de teléfono gratuíto atenderase calquera solicitude de afectación que presente calquer veciño. Un técnico cualificado desprazarase e procederá a levar a cabo as labores de acondicionamento necesarias para solventar a situación. Todo sen coste para o usuario.