Novas
PLENO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO DE VILASANTAR
Onte, mércores 26 de xuño de 2019 celebrouse o pleno de organización do Concello.
- Mantéñense as sesións de pleno ordinario cada 2 meses, sendo a sesión de pleno o segundo xoves de mes par (febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro) ás 13:00 h.
- A comisión de contas estará formada por 2 concelleiros do PP e un do BNG.
- A Xunta de Goberno será cada 14 días e estará formada polo alcalde e dous concelleiros do PP.
- O representante do Concello no Consello Escolar será Mª Carmen Torreiro Cotos. No GDR Ulla-Tambre-Mandeo o representante será o alcalde, Fernando Pérez.
- Establécese unha dedicación exclusiva: a do alcalde, Fernando Pérez Fernández, que pasa de 30.275€ brutos ao ano, que cobra actualmente, a 36.500 € brutos ao ano.
- Os pagos a concelleiros por asistencia a plenos, comisión de contas e xunta de goberno local pasan dos actuais 50 € por concelleiro a 70 € por concelleiro.
- Actualmente os grupos políticos perciben 100 € por concelleiro ao ano, cantidade que se mantén e a maiores percibirán unha cota fixa de 500 € cada grupo político.