Novas
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2017
Dende o Concello de Vilasantar infórmase de que xa está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017.
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1200 €
- Cando sexa o terceiro ou sucesivos: 2400€
Beneficiarios:
Persoas que teñan fillos/as menores de tres anos, nados entre o 4-1-2014 e o 1-1-2017 ou adoptados entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016 e que, por razón dos ingresos obtidos nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF, nin o fixeran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Requisitos e contía da axuda:
- Residencia en Galicia dos proxenitores e convivencia dos nenos/as co solicitante, na data da solicitude.
- Que a data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
Lugar e prazo de presentación:
- O prazo de presentación será dende 4/04/2017 ao 29/05/2017.
- Poderán cubrir as solicitudes nas dependencias de Servizos Sociais deste Concello (tfno: 981 77 82 57) ou por vía electrónica a través do formulario en https://sede.xunta.es co documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Xunta.