Novas
PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 2017
O Consello da Xunta de Galicia celebrado o pasado 11 de outubro de 2017 aprobou unha nova convocatoria para 2018, cun importe preto de 2,9 millóns de €, das axudas da Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago, sen prexuízo de que aínda se poden presentar solicitudes ao abeiro da convocatoria de 2017, aberta ata o 30 de novembro. A nova convocatoria para 2018 publicarase no Diario Oficial de Galicia a comezos de ano.
Destas axudas poden beneficiarse as vivendas emprazadas nas parroquias do concello polas que pasa o Camiño, de acordo coa normativa vixente.
Os propietarios de vivendas emprazadas na ARI, así como as comunidades de propietarios, poden acceder a axudas de ata 15.000 € por vivenda para a rehabilitación das mesmas o que, sen dúbida, facilita e fomenta a mellora das vivendas e condicións dos habitantes, sen esquecer o emprego de man de obra que conleva a rehabilitación e os beneficios económicos da mesma para os concellos nos que se realiza.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ACUDIR AO CONCELLO.