Un innovador punto limpo, bidireccional e climaticamente sostible
O Concello de Vilasanta dá un importante paso máis no seu compromiso coa sostibilidade: un punto limpo pioneiro, baseado na reparación, reutilización e no sentimento comunitario.
Por que é un punto limpo diferente?
- Dá unha nova vida aos residuos grazas ao taller de recuperación, onde poderás amañar, desmontar e recuperar os obxectos estragados.
- É bidireccional, polo que podes deixar o que xa non precisas e recoller o que queiras.
- É un espazo saudable, construído seguindo criterio bioclimáticos e de bioconstrución, a base de materias primas naturais.
- Ten un mínimo impacto ambiental e está situado nunha contorna natural con amplas zonas verdes.
Coñece o punto limpo de Vilasantar
Poderemos depositar residuos para a súa reciclaxe, como papel, vidro, metais, envases, ferros, madeiras, plásticos e equipos informáticos.
Tamén permitirase oo depósito de residuos voluminosos, como mobles e electrodomésticos, así como cascallos dun xeito controlado.
Asemade, aceptaranse residuos que representen un risco para o medio ambiente, como pilas, pintura, aceites usados e químicos.
Horario:
- Luns, de 9:00 a 11:00 h
- Venres, de 12:00 a 14:00 h
Para outros horarios, contacta coas oficinas municipais no 981 77 81 69.
Normas de uso:
- Utilizaremos este punto limpo para os residuos de casa que non podemos deixar nos colectores habituais.
- Admítense só residuos xerados na casa, non residuos industriais.
- Separamos e deixamos cada residuo no lugar indicado.
- Procuramos manter as instalacións en bo estado.
- Non depositamos residuos orgánicos nin de orixe comercial.