Novas
«A Administración cerca de ti» visita Vilasantar
Acercamento da Administración Pública á veciñanza de Vilasantar.
O persoal da Subdelegación do Goberno impartirá unha charla informativa para ensinar á cidadanía as oportunidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica. Tamén se ofrecerá a posibilidade de obter o certificado electrónico expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre in situ.
- Luns 2 de outubro
- 11.00 h
- Local social de Présaras (antiga cámara agraria)