Novas
Comunicado en relación aos problemas de cobertura en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar contactamos coas operadoras e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital sobre os problemas de cobertura que sufrimos no noso municipio. Indicáronos que as persoas afectadas deben reclamar individualmente, primeiro ante a operadora e despois ante o Ministerio.
Seguindo instrucións da Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ante a existencia de interrupcións, avarías e/ou a falta de cobertura no servizo telefónico que existe en Vilasantar, as persoas usuarias deben presentar, de xeito individual, unha reclamación por cada persoa afectada.
Segundo a Lei 11/2022, de 29 de xuño (art. 78), poden presentar reclamación ante esta Oficina as persoas físicas, incluíndo autónomas e microempresas. Para iso, é preciso que a persoa usuaria reclamara previamente ante o seu operador. Se a resposta non fora satisfactoria ou non recibira contestación no prazo dun mes, as persoas usuarias teñen dereito a reclamar ante a Oficina de Atención o Usuario de Telecomunicacións no prazo de 3 meses.
Para facilitar o proceso, deixamos o formulario de reclamación, que se pode presentar telematicamente ou imprimir, cumprimentar e presentalo no rexistro de calquera administración pública.
Contido mínimo da reclamación:
- Nome completo, DNI, domicilio para notificacións, domicilio/lugar afectado, operador ao que reclama, feitos e razóns que considere, lugar data e sinatura.
- Dirixido a: Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
Máis información: https://usuariosteleco.digital.gob.es/reclamaciones/telefonia-e-internet



