Cultura
A obra de teatro musical «Desconcerto» chega a Vilasantar
Fran Rei e Félix Rodríguez visitarán Vilasantar coa produción de Culturactiva «Desconcerto», un espectáculo cómico sobre a música culta. Os protagonistas chegan tarde ao recital, coa orquestra a piques de comezar e o público preparado, polo que comeza un espectáculo de tola e divertida improvisación.
A obra terá lugar o mércores 26 de xullo na área recreativa do Roseo ás 19:00 h.
Axudas, Cultura
Rede Cultural do ano 2023
Xa están publicadas as bases reguladoras do programa de Rede Cultural da Deputación da Coruña do ano 2023.
O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2023 ás 14:00 h.
Finánciase o desenvolvemento de catro programas específicos:
- Escena ao vivo: programación profesioanl de teatro, monicreques, maxia e danza para concellos.
- Visións: programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- Alicerce: programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades sen ánimo de lucro.
- Lingua a escena: espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos.
O período de realización dos espectáculos é durante todo o ano 2023 e ata o día 31 de marzo de 2024.
As entidades sen ánimo de lucro poden realizar a súa solicitude a través do programa Alicerce e só poden solicitar un espectáculo (música, danza ou teatro).
A cantidade de financiamento é a seguinte:
- A Deputación financia o 75% do importe do espectáculo para concellos.
- A Deputación financia entre o 30% e o 50% do importe do espectáculo para o caso de entidades.
A consulta dos espectáculos faise na páxina web da Deputación da Coruña, www.dacoruna.gal, dentro do apartado de Cultura ,e dentro deste, en Rede Cultural.
Para facer a solicitude é preciso contar con certificado dixital e farase a través da Subtel da Deputación da Coruña.
Máis información: Departamento de Cultura do Concello (preguntar por Trini) e no BOP do 20 de xaneiro de 2023 (nº 14).