Cultura, Novas
Declaración institucional FEGAMP polo Día das Letras Galegas 2026
A Federación Galega de Municipios y Provincias (FEGAMP) conmemora e celebra o Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2026 compartindo o recoñecemento público á Begoña Caamaño, xornalista e escritora, cunha vida e obra profundamente marcadas polo seu compromiso local, feminista e social.
A FEGAMP celebra dedicarlle o Día das Letras Galegas a unha persoa cunha clara influencia local, moi vinculada as súas dúas cidades vitais: Vigo e Santiago de Compostela.
Nada en Vigo en 1964, Begoña Caamaño comezou alí a súa traxectoria profesional como xornalista, deixando unha pegada indeleble desde os seus inicios en Radio Popular e Radio do Noroeste, ata a súa definitiva incorporación á Radio Galega en 1989.
Catro ano despois proseguiu o seu labor na Radio Galega xa dende Santiago de Compostela ata 2012, sendo unha gran defensora dos medios públicos galegos e do súa función de proporcionar á cidadanía información e contidos precisos para poder decidir con liberdade e responsabilidade. Defendeu unha información de calidade e condicións laborais xustas, sendo a presidenta do Comité Interempresas da CRTVG de 2000 a 2003.
Como escritora, Begoña Caamaño destacou polo seu innovador labor nas súas novelas, «Circe ou o pracer do azul» (2009) e «Morgana en Esmelle» (2012), que foron pioneiras na reinterpretación feminista dos mitos.
Coa súa homenaxe, Begoña Caamaño convértese na sétima muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta.
Na conmemoración do Día das Letras Galegas, a FEGAMP atende o seu obxectivo de promover a cultura e a lingua galega no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia.
Historicamente, o municipalismo galego tivo un protagonismo decisivo na reivindicación do galego e na defensa da súa extensión social, participando activamente, xa en democracia, na “Declaración do Hostal dos Reis Católicos”, subscrita en 1984, en Santiago de Compostela, por 184 alcaldías de todas as tendencias políticas e de todos os puntos da xeografía galega. Defendían a implantación do galego nas administracións públicas en Galicia, tanto no seu uso, como no seu coñecemento para o acceso ao emprego público.
Na actualidade, a FEGAMP, da que forman parte todos os concellos galegos e as catro deputacións provinciais, segue a defender a vixencia e a extensión do galego e potenciando a súa presencia nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Por mil primaveras máis para o galego.
Axudas, Cultura
REDE CULTURAL 2026
Beneficiarios: Concellos e entidades sen ánimo de lucro (polo programa Alicerce) xuridicamente constituídas que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
Prazo aberto ata o 20 de marzo de 2026 ás 14:00 h. Tramitación telemática.
Poden solicitarse actuacións de música, teatro, bandas de gaitas, charangas, magos, danza, etc. Data de realización dos espectáculos todo o 2026 e ata o 31 de marzo de 2027.
As entidades sen ánimo de lucro poden solicitar as actuacións subvencionables pola Deputación da Coruña entre un 30% e 70%, polo programa Alicerce. Só unha actuación por entidade.
Consulta os espectáculos: www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/
Para solicitar os espectáculos emprega o vínculo SUBTEL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/solicitudes
Consulta as bases no BOP do día 19-12-2025.
Cultura, Novas
Convocatorias de certames culturais 2026
XXI premio internacional “José Núñez” de arte gráfica– Bases publicadas no BOP 22-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XX premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese dous premios, dotados con 6.500 euros cada un deles. Para cada unha das modalidades, infantil e xuvenil.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXXVIII Premio Internacional “Torrente Ballester” de narrativa en lingua castelá e lingua galega do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 15.000 euros para cada edición.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXI Premio “Castelao” de banda deseñada do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros cada un deles.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XVIII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 29-12-2025
Poderán participar calquera grupo ou artista musical galego ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes, que non fosen finalistas nin obtivesen o premio nos dez anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio de 4.000 euros, un segundo premio de 2.000 euros e un terceiro premio de 1.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XX Edición do premio internacional Luis Ksado de creación fotográfica 2026 – Bases publicadas no BOP 22-12-2025
Poderán participar todas as persoas maiores de idade, interesadas na fotografía, que non fosen premiadas con este premio nalgunha edición anterior e que presenten obras non premiadas en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio de 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 29 de maio de 2026.
XVI edición do premio Antonio Fraguas de artesanía do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán participar colectivos de persoas artesáns e persoas artesáns maiores de idade nacidas ou residentes en Galicia no ano 2026, que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste e que presenten unha obra non premiada en ningún outro premio ou certame.
Cada persoa artesá ou colectivo poderá concorrer ao certame cun máximo de tres pezas, e poderán ser considerados como unha peza os conxuntos que, estando formados por varias, constitúan unha única unidade. A autoría das obras e a súa autencidade xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos. En consecuencia, a Deputación Provincial da Coruña non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que puideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.
As persoas participantes terán a obriga de comunicar á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do premio.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros para cada unha das modalidades.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXIII edición do premio Miguel González Garcés de poesía ano 2026 – Bases publicadas no BOP do 24-12-2025
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nas dúas convocatorias anteriores a esta, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio único dotado con 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: do 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026
Cultura
Obra de teatro Formigas no peto
No marco do Día Mundial da Muller, Ítaca Teatro achega a Vilasantar a obra de teatro Formigas no peto, para un público adulto.
Será o sábado, 8 de marzo, ás 18:00 horas no local social de Vilasantar.
Axudas, Cultura
Convocatorias e certames 2025
XX premio internacional “José Núñez” de arte gráfica
Bases publicadas no BOP 30-01-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Establécese un premio dotado con 6.500 euros e unha exposición na Fundación CIEC.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XV premio “Manuel Murguía” de ensaio
Bases publicadas no BOP 30-01-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XIX premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil
Bases publicadas no BOP 30-01-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XXXVII Premio Internacional “Torrente Ballester” de narrativa en lingua castelá e lingua galega
Bases publicadas no BOP 30-01-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 15.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XX Premio “Castelao” de banda deseñada
Bases publicadas no BOP 30-01-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros cada un deles.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
IX premio “Begoña Caamaño” á acción cultural pola igualdade de xénero
Bases publicadas no BOP 03-02-2025
Poderán presentar candidaturas argumentadas para a concesión do premio todas as persoas maiores de idade ou persoas xurídicas interesadas na promoción da igualdade de xénero e o pensamento feminista desde o campo da cultura.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XIX Certame de arte “Isaac Díaz Pardo”
Bases publicadas no BOP 3-02-2025
Poderán participar todas as persoas maiores de idade nacidas ou residentes en Galicia, que traballen no campo da arte, que non fosen premiadas neste certame nas cinco edicións anteriores e que presenten unha obra non premiada en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio dotado con 15.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
XVII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais
Bases publicadas no BOP 3-02-2025
Poderán participar calquera grupo ou artista musical galego ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes, que non fosen finalistas nin obtivesen o premio nos dez anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio de 4.000 euros, outro segundo premio de 2.000 euros e un
terceiro premio de 1.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2025.
actividades municipais, Cultura
Actividades de verán da biblioteca de Vilasantar
A biblioteca de Vilasantar e Ler conta moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais, organizan actividades de verán para a rapazada dos campamentos.
- 10 de xullo, ás 10:30 h, no campus de deporte e ocio Álex Bergantiños: Un conto volto a contar, da man de Viravolta Títeres.
- 11 de xullo, ás 11:00 h, no campamento de verán do CEIP de Présaras: Contos de Magos, da man de Marisa Irimia.
- 7 de agosto, ás 11:00 h, no campamento de verán do CEIP de Présaras: taller de maxia «Charly e a fábrica de sonos», co mago Charly Braun.
actividades municipais, Cultura, Novas
II certame de pintura rápida Xosé Casal en Vilasantar
O Concello de Vilasantar convoca o segundo certame de pintura rápida Xosé Casal de acordo ás seguintes bases:
- O Certame celebrarase o 7 de xullo de 2024.
- Poderanse presentar ao certame as persoas maiores de 18 anos, profesionais ou aficionados, que presenten a súa solicitude o día do certame na casa do concello.
- Cada artista poderá participar cun máximo dunha obra realizada o día do certame.
- A inscrición e selado dos soportes realizarase na casa do concello, o día 7 de xullo, entre as 09:00 e as 12:00 horas da mañá.
- O tema obrigado será a contorna de Vilasantar; paisaxes, xentes e costumes. A organización facilitará un plano delimitando as zonas dentro das que se situarán os participantes, pintando neses lugares (parroquias de Présaras, Vilariño e A Laxe).
- A organización selará a cada participante o soporte, aportado polo artista, que se presentará en branco, sen manipular. As medidas do soporte serán dun tamaño mínimo de 60×81 cm e máximo de 100×81 cm.
- As obras poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. O artista virá provisto de todo o material preciso para a execución da súa obra, incluído o cabalete para expor a pintura realizada.
- As obras realizadas serán presentadas para a súa exposición sen asinar entre as 16:00 e as 17:00 horas no lugar designado pola organización.
- O xurado estará composto por persoas cualificadas e profesionais do mundo da arte e a súa decisión será inapelable. O xurado poderá declarar deserto o premio se non alcanzan as obras unha calidade suficiente ao seu criterio.
- O xurado valorará as obras presentadas entre as 17:00 e as 18:00 horas, e entregaranse os premios a partir desa hora. A súa decisión será inapelable.
- Establécense os seguintes premios:
- Primeiro premio, patrocinado polo Concello de Vilasantar: 1.000 € e diploma.
- Segundo premio, patrocinado por GSV Agro: 500 € e diploma.
- Terceiro premio, patrocinado por Fontambre SL: 400 € e diploma.
- Cuarto premio, patrocinado por Bacalaos Boado: 300 € e diploma.
- Quinto premio, patrocinado por Pintores de Galicia: 300 € e diploma.
- A obra agraciada co primeiro premio pasará a ser propiedade da organización, así como o dereito á súa reprodución, exposición ou calquera outro uso que da mesma desexe facer. O resto das obras premiadas pasarán a ser propiedade dos patrocinadores.
- As obras non premiadas serán expostas ao público tras a decisión do xurado. Poderanse poñer á venda ao público asistente.
- A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras, que estarán coidadas e protexidas en todo momento.
A sinatura da solicitude de participación supón unha declaración de coñecemento das bases e compromiso de cumprimento das mesmas. A solicitude deberá acompañarse dunha fotocopia do DNI da persoa solicitante.
Os datos e a información incluída nas solicitudes serán tratados de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de protección e tratamento de datos persoais (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento).
Para calquera consulta: Concello de Vilasantar, 981 77 81 69 ou comunicacion@vilasantar.gal
Cultura
Premios e concursos da Deputación da Coruña
- Convocatoria do VIII premio Begoña Caamaño. Premios de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 10 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVI Certame Antonio Fraguas Fraguas de artesanía. Premios de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 20 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVIII Premio Luis Ksado de creación fotográfica. Premios de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 31 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVI Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais. Premios de ata 4.000 euros. Prazo de solicitude ata o 20 de xuño de 2024. BOP 27-02-2024.
- XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá. Premio de 15.000 euros. Prazo de solicitude ata o 15 de maio de 2024. BOP 29-02-2024.
- XXXVI Premio Torrente Ballester de lingua galega. Premio de 15.000 euros. Prazo de solicitude ata o 15 de maio de 2024. BOP 29-02-2024.
- XIX Premio Castelao de banda deseñada. Premio de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 10 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- XV Rosalía de Castro de lingua. Premio de 5.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 04-03-2024.
- XIX Premio internacional Jesús Núñez de arte gráfica. Premio de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 5 de xullo de 2024. BOP 27-02-2024.
- XXII Premio Miguel González de poesía. Premio único de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 27-02-2024.
- XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Premio de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 29-02-2024.
Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Vilasantar e no Boletín Oficial da Provincia citado en cada convocatoria.
Cultura, Novas
A obra de teatro A Nai chega a Vilasantar
A obra de teatro multidisciplinar A Nai, de Amorodio Teatro, recibiu o premio Luisa Villalta no ano 2022.
«La Madre» era o nome en clave do enlace da rede clandestina de ferrocarril que pasaba por Ribadavia. As persoas que chegaban á estación debían preguntar por ela para poder acadar a liberdade. Lola, Amparo e Julia Touza eran tres irmás que rexentaban o quiosco da estación de tren. O que ninguén soupo ata despois da súa morte é que tamén foron as responsables de salvar a vida de arredor de 500 xudeus que fuxían do Holocausto.
Dirixida a público aduto.
- Sábado, 9 de marzo
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
Cultura, eventos
Concurso de disfraces de Entroido en Vilasantar
Un ano máis, dende o Concello de Vilasantar organizamos un concurso de disfraces polo Entroido!
Anotade!
- Sábado, 10 de febreiro
- Pavillón de Présaras
- A partir das 17:00 h
Repartiremos premios en dúas categorías:
Comparsa ou grupo:
- 1º premio: 300€
- 2º premio: 200€
- 3º premio: 100€
Individual ou dúo:
- 1º premio: 150€
- 2º premio: 75€
- 3º premio: 50€
A inscrición previa é obrigatoria, no departamento de Cultura do Concello ou no mesmo lugar o día do concurso ata 15 minutos antes do comezo.
Para máis información: 981 77 81 69






