Axudas, Novas
Axudas para a creación dun novo establecemento turístico na contorna do Camiño de Santiago
Para establecemento hoteleiro, apartamento, vivenda turística, establecemento de turismo rural, albergue turístico, restaurante, cafetería ou bar.
Fin de prazo de solicitude: 18 de marzo de 2024
Poden solicitar estas axudas pequenas, medianas e grandes empresas para dous tipos de proxectos:
- Proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística:
A realizar nunha infraestrutura emblemática do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico: castelos, ermidas, capelas, casas reitorais, centros de ensino, edificios privados rurais ou urbanos anteriores a 1803, edificios relevantes da arquitectura, obras públicas, outras construcións construídas antes de 1901, hórreos, batáns, muíños talleres artesanais… Deben cumprir polo menos dúas das seguintes condicións:
– Creación mínima de 5 postos de traballo directos.
– Contribuír a dinamizar economicamente a zona.
– Promover o turismo sustentable (produtos ecolóxicos, reciclaxe…).
Contía da axuda: 35 % pequenas empresas / 25 % medianas empresas / 15 % grandes empresas. - Proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural (contorna do Camiño de Santiago):
A realizar nun edificio inscrito no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia (BIC) poñéndoo en valor coa mellora ou rehabilitación do edificio e dedicar o 80% a fins culturais (horario, visitas, actividades culturais para a posta en valor).
Axuda máxima dun 80 % dos custos subvencionables ata o máximo de 2.200.000 € por proxecto.
Pódense solicitar ata 3 liñas de gasto subvencionable para cada proxecto:
– Liña 1: Proxectos de reforma e rehabilitación sustentable de edificacións (materiais de baixo impacto ambiental) e equipamento necesario. (Non subvencionan: decoración e enxoval).
– Liña 2: Actuacións de mellora de eficiencia enerxética: sistemas de climatización, envolvente térmica (fachada, tellado…), iluminación instalación/substitución e equipamentos para a produción de enerxía renovable (enerxía solar térmica, biomasa, aerotermia, xeotermia e enerxía fotovoltaica).
– Liña 3: Actuacións (obras e reforma) para mellora da accesibilidade, estruturais e
equipamento, que permitan a accesibilidade e mobilidade das persoas con diversidade funcional.
Proxecto: no caso dos concellos no trazado do Camiño de Santiago, subvenciónase a redacción do proxecto ata o 3% do investimento cun máximo de 10.000€.
O importe mínimo será de 300.000€ de investimento para as tres liñas. O período de execución remata o 31 de outubro de 2025.
Non serán subvencionables: autorizacións, taxas, seguros, custos financeiros, IVE…
Máis info:
Axencia Turismo de Galicia – Dirección de Competitividade – Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
981547405/ 981546360
fomento.turismo@xunta.gal
TU503H
DOG nº 219 17/11/2023