sostibilidade, Vilasantar enerxía
Proxecto e información de «Vilasantar Enerxía»
Poñemos á vosa disposición o proxecto completo de «Vilasantar Enerxía» para que o podades estudar e compartir coa veciñanza.
sostibilidade, Vilasantar enerxía
Reunión explicativa de «Vilasantar Enerxía», a futura comunidade enerxética no concello
O Concello de Vilasantar será pioneiro na produción e consumo de enerxía de xeito comunitario e sostible grazas a «Vilasantar Enerxía». Esta iniciativa, deseñada para proporcionar á veciñanza dunha solución asequible e sostible para as súas necesidades enerxéticas, será presentada e explicada nunha reunión á que convidamos a todos os veciños e veciñas:
- Sábado, 25 de novembro.
- Local Social de Vilasantar
- 12:00 h.
O evento de presentación ofrecerá unha visión xeral de «Vilasantar Enerxía» e destacará como nos poderemos beneficiar desta oportunidade. A comunidade enerxética permitirá xerar e compartir enerxía renovable, o que reducirá significativamente os custos e contribuirá ao coidado do medio ambiente.