Novas, sostibilidade
Restrición do uso da auga municipal para consumo humano
A consecuencia da situación climatolóxica, os depósitos municipais de auga non recuperan o nivel ao ritmo desexado e as fontes e ríos van a menos. Por este motivo, vémonos na obriga de restrinxir o uso da auga municipal só para consumo humano, prohibíndose regas, baldeos, limpezas, enchido de piscinas e demais usos prescindibles.
Lembramos á veciñanza que teña recibos pendentes de aboar a obriga de regularizar a situación para seguir contando co servizo. Así mesmo, infórmase que están totalmente prohibidos os enganches e usos sen a alta e previa autorización do concello.
Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
ACTUALIZACIÓN: Recollida de plásticos agrícolas
Por motivos alleos ao Concello de Vilasantar, cámbiase a data da recollida de plásticos agrícolas que estaba prevista para o 11 de setembro. A nova data é o 6 de outubro, polo tanto poden anotarse chamando ao 981 778 169 ata o 1 de outubro.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
sostibilidade, Xestión de residuos
Recollida de plásticos agrícolas
O día 10 de outubro de 2024 a empresa encargada fará a recollida dos plásticos agrícolas. Para facer uso deste servizo é imprescindible anotarse ata o día 8 de outubro de 2024, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida. Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello de Vilasantar: 981 778 169
eventos, sostibilidade, Xestión de residuos
Campaña de compostaxe doméstica en Vilasantar
A próxima semana terán lugar varias reunións en todas as parrioquias para falar da taxa do lixo, o tratamento dos biorresiduos e outras recollidas selectivas e para buscar domicilios voluntarios para o futuro proxecto de recollida porta a porta. Ademais repartiremos composteiros de balde!
- Luns, 1 de xullo
- Local social de Mezonzo ás 11:00 h
- Local social de Barbeito ás 16:00 h
- Martes, 2 de xullo
- Local social de Armental ás 17:00 h
- Local social de San Vicenzo ás 19:00 h
- Mércores, 3 de xullo
- Local social de Vilasantar ás 12:00 h
- Local social de Présaras ás 17:00 h
- Xoves, 4 de xullo
- Local social de Vilariño ás 11:00 h
Se che interesa, pero non podes asistir, chama á casa do concello: 981 77 81 69
Reduce a túa pegada ecolóxica! 💚
Axudas, sostibilidade
Axudas para equipos de enerxías renovables e eficiencia enerxética no sector primario
IN421L Axudas para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.
O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de maio de 2024
Beneficiarios:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases.
Obxecto:
- Enerxías renovables: instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración de autoconsumo.
- Aforro e eficiencia enerxética:
a) Acaden un aforro enerxético en relación coa situación inicial igual ou superior a 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible.
b) Implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociados.
Contía da axuda:
- Nova instalación: 30% do custo elixible, máximo de 100.000€/proxecto e 300.000€/ empresa.
- Instalacións de autoconsumo colectivo: máximo 500.000€/ proxecto e 500.000€/ empresa.
- A axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.
Más info: DOG nº 85 30 de abril de 2024
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) 981541539
Email:inega.info@xunta.gal
Axudas, sostibilidade
Axudas do INEGA para proxectos de enerxías renovables
Subvención do 50% do investimento elixible da instalación.
Prazo de presentación:
- Adhesión entidades colaboradoras: 29 de febreiro 2024.
- Solicitude axuda persoas físicas, a través das entidades colaboradoras: 21 de marzo de 2024.
Beneficiarios: Persoas físicas titulares de inmobles residenciais, comunidades ou mancomunidades de veciños. Teñen que tramitar as axudas a través das entidades colaboradoras.
Para instalación de enerxías renovables de uso térmico:
- Caldeira biomasa de leña ou pellets, máximo por vivenda 8.000 €.
- Bomba de calor de aerotermia, máximo por vivenda 10.000 €.
- Bomba de calor de xeotermia e hidrotermia, máximo por vivenda 2.500 €.
- Panel solar térmico para quentar auga, máximo por vivenda 2.000 €.
En proxectos de multivivendas, máximo 40.000 €.
Para instalación de enerxía fotovoltaica:
- Panel fotovoltaico para xerar electricidade, máximo por vivenda entre 4.000 € e 6.000 €, en proxectos de multivivendas máximo 25.000 €.
Máis info: DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024
Procedementos Sede Xunta de Galicia IN421H, IN421P e IN421N e IN421O
www.inega.gal
inega.info@xunta.gal 981541500
Novas, sostibilidade
Vilasantar súmase á campaña LIBERA1m2
Dende o Concello de Vilasantar volvémonos organizar para loitar contra a «basuraleza»!
A «basuraleza» é o termo para definir o lixo que atopamos na natureza, refugallos que restan beleza e contaminan a nosa contorna. Dende o Concello queremos dar exemplo e animar á veciñanza a xuntarnos unha mañá, devolver o resplendor a un anaco da nosa contorna natural e aprender sobre separación de residuos.
Anota!
- Sábado, 9 de marzo
- Ponte do Sapo
- 10:00 h
#LIBERA1m2 #basuraleza #ProyectoLIBERA
sostibilidade, Vilasantar enerxía
Enquisa cidadá de EC4RURAL
Precisamos da participación cidadá!
Como xa sabedes, Vilasantar é un dos concellos pioneiros no proxecto EC4RURAL, que busca garantir unha transición enerxética limpa no mundo rural, fomentando a creación de comunidades enerxéticas para producir electricidade a través de paneis fotovoltaicos.
Agora mesmo estamos na fase de recollida de información sobre os concellos pilotos, así que convidámoste a encher a seguinte enquisa antes do 2 de febreiro. Non é vinculante, só informativa, e levarache só uns minutiños.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdx7ypdbKvm0bLk5shdiiy1KZxvY5SsLSot99DyNdGPJna1cA/viewform
Moitas grazas pola túa participación!
sostibilidade, Vilasantar enerxía
Proxecto e información de «Vilasantar Enerxía»
Poñemos á vosa disposición o proxecto completo de «Vilasantar Enerxía» para que o podades estudar e compartir coa veciñanza.
sostibilidade
«Libera 1m2», axúdanos a acabar coa «basuraleza»
Dende o Concello de Vilasantar sumamonos á campaña «Libera 1m2» de SEO Bird Life e Ecoembes para loitar contra o lixo na nosa natureza e aprender a separar os residuos dun xeito correcto para optimizar a reciclaxe.
Por iso organizamos unha xornada de recollida da chamada «basuraleza» e convidamos a todos os veciños e veciñas de Vilasantar a axudarnos a manter a fermosura da nosa contorna natural.
- Sábado, 2 de decembro
- 10:00 h
- Ponte do Sapo



