Novas
VIVENDAS DO CAMIÑO: PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 2018
Serán subvencionables as seguientes actuacións:
- Obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente.
- Obras para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e vivienda e a súa adaptación á normativa enerxética
- Obras para mellorar as condicións de accesibilidade aos edificios e os accesos ás vivendas e locais
O ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e que comprende ol trazado das sete rutas do Camiño en Galicia son as seguintes:
- Francés. Desde Pedrafita do Cebreiro hasta Santiago de Compostela.
- De la Plata I y de la Plata II. Dende A Mezquita o Verín ata Ourense e dende Ourense ata Santiago de Compostela, respectivamente
- Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
- Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide, onde conecta co Camino Francés
- Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa, onde conecta co Camiño Francés
- Fisterra-Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
- Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela.
So poderán acollerse a este programa as actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas sitas en parroquias de municipios rurais que non estén integradas nos ámbitos de outras ARI xa declaradas pola Xunta de Galicia.
Nas conexións con cidades e pobos importantes o ámbito das actuacións limítase ao trazado do camiño exclusivamente.
Beneficiarios
- Persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.
- Comunidades de propietarios/as de vivendas.
- Agrupacións de comunidades de propietarios/as de vivendas
Sempre que non incorran nas prohibicións para ser beneficiario dunha subvención establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Contía das axudas
A axuda do Plan estatal terá un importe máximo de 11.000 € por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que poida exceder do 35% do custo subvencionable, reflectido na cualificación definitiva.
A axuda autonómica terá un importe máximo de 4.000€ por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación definitiva.
Ambas axudas son acumulables, polo que o total pode chegar aos 15.000 € por vivenda.
Procedemento:
1º paso: solicitar a cualificación provisional
Para participar neste programa as persoas interesadas deberán solicitar a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación e executar as obras de conformidade coa resolución de cualificación provisional.
Prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional:
A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.
O prazo de presentación de solicitudes pecharase por resolución da dirección xeral do IGVS en atención ao número de solicitudes presentadas e á dotación orzamentaria dispoñible. A resolución de peche do prazo de presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do IGVS.
2º paso: solicitar a cualificación definitiva
No prazo máximo dun mes dende o remate das obras, e sempre antes do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional, a persoa promotora deberá solicitar á correspondente Área provincial do IGVS, a cualificación definitiva das actuacións.
3º paso: solicitar a axuda
No DOG nº 17, do 24 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan as axudas da ARI dos Camiños de Santiago para o ano 2018.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2018.
Para poder acceder ás subvención é necesario que actuación de rehabilitación do edificio ou vivenda conte coa correspondente resolución de cualificación definitiva.
Non esqueza
O outorgamento da cualificación provisional ou definitiva non implica o recoñecemento do outorgamento da subvención, a cal deberá ser solicitada ao abeiro da correspondente convocatoria.
Respecto á documentación que terá que presentar:
-
É importante que saiba que terá que presentar toda a documentación requerida nas bases e na convocatoria, entre a que destaca:
-
Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.
-
Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII da Orde de 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (DOG 28-12-2015).
-
Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagos en efectivo, nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.
-
Licenzas e/ou autorizacións preceptivas.
-
Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á resolución desta orde, emitido polo/a técnico/a responsable da obra ou, no seu caso, pola empresa contratista.
-
Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións térmicas, eléctricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
-
Copia de, a lo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo a executar supere a contía de 30.000 €. A elecciónentre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Máis información:
A CORUÑA | 981 294 872 / 981 151 464 |
aricscoruna@xesturgalicia.com | |
LUGO | 982 889 264 / 982 889 260 |
aricslugo@xesturgalicia.com | |
OURENSE | 988 788 683 |
aricsourense@xesturgalicia.com | |
VIGO / PONTEVEDRA | 986 266 477 |
aricspontevedra@xesturgalicia.com |