Novas
TERMALISMO IMSERSO 2019
REQUISITOS
a) Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b) Ser pensionista de viuvedade con 55 anos ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c) Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d) Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
a) Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
b) Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
c) Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
d) Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Tamén poderán ser adxucatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal. Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
1.- Para as quendas dos meses de febreiro e agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2019.
2.- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 17 de maio de 2019.
Novas
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
DÍA: 30 de xaneiro de 2019
A unidade móbil 3 de inspección técnica de vehículos agrícolas desplazarase ao Concello de Vilasantar.
LUGAR: Pista detrás do Concello (Vilasantar)
HORARIO: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
Para solicitar cita previa:
Por teléfono 902 309 000
Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
Sábado, 5 de xaneiro de 2019
As 16:30 h. chegada dos REIS MAGOS a casa do Concello. Dende alí acompañarémolos ao local social de Vilasantar para que repartan os agasallos.
E despois, actuación musical de PABLO DÍAZ.
Acabaremos a festa co tradicional chocolate con churros.
ORGANIZA: Concello de Vilasantar
COLABORA: Asociación Cear O Castro de Vilasantar
Novas
PRESENTACIÓN ESTUDO SOCIOECONÓMICO DO GDR
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL
26 de DECEMBRO ata o 4 de XANEIRO
Para todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos no local social de Vilasantar en horario de 10:00 a 14:00 h.
Imprescindible que o grupo sexa de 10 nenos e nenas como mínimo. Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 20 de decembro.