Novas
CAMPAÑA DE RECICLAXE
O vindeiro día 3 de xaneiro estará instalada unha carpa diante do Concello que informará sobre a importancia da reciclaxe. Estará accesible a todos os veciños/as dende as 10.00 as 14.00 h.
Concello de Vilasantar
Novas
TEATRO EN VILASANTAR
A compañía de teatro OS QUINQUILLANS visita o Concello coa súa representación COUSAS, sobre o texto de Castelao.
LUNS DÍA 2 DE XANEIRO AS 12:00 H teatro para todos os públicos no Local de Vilasantar.
En colaboración coa Deputación da Coruña
Novas
PISTA DE XEO-INVERNALIA (A CORUÑA)
O día 27 de decembro acudiremos á pista de xeo de Invernalia de A Coruña.
Os horarios de autobús serán:
IDA Présaras: 14:45 h e Vilasantar: 15:00 h.
VOLTA Vilasantar: 18:20 h e Présaras: 18:30 h.
Para asistir á actividade e máis información póñanse en contacto con Elisa no número de teléfono 699 743 958
Novas
Corrección de erros na listaxe de puntuación final das probas do proceso selectivo para a selección de persoal para o seu nomeamento interino dunha praza de traballador/a social
Publicado o 16/12/2016

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO TRABALLADOR/A SOCIAL
Publicado o 15/12/2016
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO TRABALLADOR/A SOCIAL
Publicado o 15/12/2016
Novas
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR
Por decreto de alcaldía de data 14/12/2016 ábrese o prazo para solicitar as axudas de transporte escolar para o curso 2016/2017.
Requisitos:
– Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalente.
– Non ter transporte gratuíto.
– Estar empadronados no Concello de Vilasantar.
Documentación a presentar:
– Instancia.
– Certificación de estar matriculado no curso 2016/2017.
– Certificación bancaria do nº de conta.
O prazo para presentar as solicitudes é do 14 de decembro de 2016 ao 13 de xaneiro de 2017 (ambos inclusive).
Novas
DÍA DE REIS EN VILASANTAR
Xoves, 5 de xaneiro de 2017 as 17:00h : Chegada dos Reis á casa do Concello . Reparto de regalos no local social de Vilasantar e despois Concerto didáctico.
Acabaremos a festa co tradicional chocolate con churros.
Organiza: Concello de Vilasantar.
Colabora: Asociación CEAR O Castro de Vilasantar e Deputación da Coruña.
Novas
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO TRABALLADOR/A SOCIAL
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO TRABALLADOR/A SOCIAL
Puntuación obtida na fase de concurso
Publicado ó 13/12/2016
Novas
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO TRABALLADOR/A SOCIAL
Lista definitiva de admitidos/as
Convócase aos seguintes candidatos/as para a realización da proba de galego o día 14/12/2016 ás 8.30 horas no Concello de Vilasantar:
– Carricajo Alaves, Mª Carmen – Diaz Vazquez, Pilar Beatriz.
Convócase a todos os candidatos/as admitidos/as para a realización dunha proba escrita o día 14/12/2016 ás 10.00 horas no Concello de Vilasantar.
Lista definitiva de admitidos/as
Convócase aos seguintes candidatos/as para a realización da proba de galego o día 14/12/2016 ás 8.30 horas no Concello de Vilasantar:
– Carricajo Alaves, Mª Carmen
– Diaz Vazquez, Pilar Beatriz.
Convócase a todos os candidatos/as admitidos/as para a realización dunha proba escrita o día 14/12/2016 ás 10.00 horas no Concello de Vilasantar.
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL 2016
Tódolos nenos e nenas do Concello de Vilasantar de tres a doce anos poderán participar este Nadal no Obradoiro de nadal, que dende o concello se vai a por en marcha.
Descargar a folla de inscrición
Descargar Programa de actividades