Novas
DECRETO SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES COVID-19
Fernando Pérez Fernández, alcalde do concello de Vilasantar, sendo xoves 12 de marzo de 2020, en presencia do secretario de dito concello, emito o seguinte decreto:
ASUNTO: SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA MAIORES ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE VILASANTAR COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN XERADA POLO COVID-19.
EXPTE.: 2020/G003/000033
Vista a necesidade de adoptar unha resolución sobre o procedemento a que se refire este decreto en aras dos principios de eficacia e celeridade administrativa recollidos na Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público.
Visto que a situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 ten suposto a adopción de medidas de contención de diverso tipo e mesmo de carácter extraordinario en tódolos niveis da Administración Pública en resposta ás indicacións dictadas polas autoridades de Saúde Pública que incluen, entre outras, o peche de centros educativos e de atención a
maiores ou a suspensión das actividades docentes por un periodo determinado de tempo.
Visto o artigo 4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, segundo o cal, na súa calidade de Administracións Públicas de carácter territorial, e dentro da esfera das súas competencias, corresponde en todo caso ós municipios as potestades regulamentaria e de autoorganización.
Visto que o artigo 25.2.j da referida Lei 7/1985, establece como competencia propia dos municipios a protección da salubridade pública.
Visto que existe un maior risco de contaxio en entornos e espazos cun alto número de persoas.
Visto que se teñen suspendido as actividades docentes por parte da Administración Autonómica e que resulta imprescindible una certa coordinación na aplicación das medidas de saúde e salubridade pública por parte das outras Administracións Públicas, incluido este Concello, que é responsable da organización de actividades extraescolares nos mesmos
centros públicos nos que se ten decretado a suspensión das actividades docentes.
Visto que o colectivo de maiores é un grupo de risco na cadea de contaxio do COVID-19 e que o concello de Vilasantar é titular da organización de actividades de ocio e tempo libre especialmente dirixidas á esta franxa de idade.
Dacordo coas atribucións que me confire o artigo 21.1 da Ley 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, e na aplicación do art.10 da Lei 40/2015 de 1 de outubro do réximen xurídico do sector público.
Novas
LISTA DE ADMITIDOS BOLSA DE EMPREGO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE PERSOAL DE OFICIOS
Lista de Admitidos Bolsa de Emprego para cubrir uha praza de persoal de Oficios.
Novas
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA: XORNADAS DE TERMALISMO
Bo día Aida, nesta ocasión temos que publicar unha aclaración do
balnerio, ou modificar a información, non sei que será mais fácil. Como o
Jueves 19 e día de San Jose festivo, non podemos ir, polo tanto quedan:
26 de marzo, Presaras, Vilariño, Armental, San Vicento
2 de abril, Vilasantar, Armental, Mezonzo e Barbeito
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo” en ATTICA 21 de Villalba
26 de marzo (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
2 de abril (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 4 de marzo
Número de prazas: 30 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 €
§ As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
§ As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
§ As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.