Novas
DECRETO SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES COVID-19
Fernando Pérez Fernández, alcalde do concello de Vilasantar, sendo xoves 12 de marzo de 2020, en presencia do secretario de dito concello, emito o seguinte decreto:
ASUNTO: SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA MAIORES ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE VILASANTAR COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN XERADA POLO COVID-19.
EXPTE.: 2020/G003/000033
Vista a necesidade de adoptar unha resolución sobre o procedemento a que se refire este decreto en aras dos principios de eficacia e celeridade administrativa recollidos na Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público.
Visto que a situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 ten suposto a adopción de medidas de contención de diverso tipo e mesmo de carácter extraordinario en tódolos niveis da Administración Pública en resposta ás indicacións dictadas polas autoridades de Saúde Pública que incluen, entre outras, o peche de centros educativos e de atención a
maiores ou a suspensión das actividades docentes por un periodo determinado de tempo.
Visto o artigo 4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, segundo o cal, na súa calidade de Administracións Públicas de carácter territorial, e dentro da esfera das súas competencias, corresponde en todo caso ós municipios as potestades regulamentaria e de autoorganización.
Visto que o artigo 25.2.j da referida Lei 7/1985, establece como competencia propia dos municipios a protección da salubridade pública.
Visto que existe un maior risco de contaxio en entornos e espazos cun alto número de persoas.
Visto que se teñen suspendido as actividades docentes por parte da Administración Autonómica e que resulta imprescindible una certa coordinación na aplicación das medidas de saúde e salubridade pública por parte das outras Administracións Públicas, incluido este Concello, que é responsable da organización de actividades extraescolares nos mesmos
centros públicos nos que se ten decretado a suspensión das actividades docentes.
Visto que o colectivo de maiores é un grupo de risco na cadea de contaxio do COVID-19 e que o concello de Vilasantar é titular da organización de actividades de ocio e tempo libre especialmente dirixidas á esta franxa de idade.
Dacordo coas atribucións que me confire o artigo 21.1 da Ley 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, e na aplicación do art.10 da Lei 40/2015 de 1 de outubro do réximen xurídico do sector público.