Novas
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR
Por decreto de alcaldía de data 14/12/2016 ábrese o prazo para solicitar as axudas de transporte escolar para o curso 2016/2017.
Requisitos:
– Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalente.
– Non ter transporte gratuíto.
– Estar empadronados no Concello de Vilasantar.
Documentación a presentar:
– Instancia.
– Certificación de estar matriculado no curso 2016/2017.
– Certificación bancaria do nº de conta.
O prazo para presentar as solicitudes é do 14 de decembro de 2016 ao 13 de xaneiro de 2017 (ambos inclusive).