obras
A reordenación da travesía de Sesmonde sométese a información pública
Aprobado provisionalmente o proxecto de trazado «Reordenación de accesos na estrada N-634 PP.KK. 675+500 al 676+250. Tramo: Travesía de Sesmonde», cun orzamento base de licitación de 1.141.299,55 €; declarada a urxencia do proxecto.
Sométese a información pública ata o 20 de agosto, informando dos detalles do proxecto e a relación individualizada dos bens e dereitos afectados en termos de expropiación.
A documentación está exposta ao público nos días hábiles e en horario de oficina no taboeiro de anuncios do Concello de Vilasantar e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. As alegacións poderanse presentar por escrito ou por calquera dos medios sinalados no artigo 15 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e deberán ser dirixidas á Demarcación.
Tamén se pode consultar a documentación na sede electrónica do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible: https://www.transportes.gob.es/el-ministerio/buscador-participacion-publica
Dende o Concello de Vilasantar presentaremos así mesmo as alegacións que se estimen pertinentes.



