Axudas
Axudas provinciais para entidades sen ánimo de lucro
- Subvencións a ANPAS existentes nos centros educativos de titularidade pública da provincia da Coruña para a realización de actividades no ano 2027. (FO202/2027)
- Subvencións a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2027. Dirixido a asociacións veciñais e asociacións de mulleres da provincia da Coruña e sen ánimo de lucro. (DP0042B/2027)
- Subvencións a asociacións veciñais de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia da Coruña, para a realización de actividades durante o ano 2027. (DP0042A/2027)
- Subvencións a asociacións, federacións e agrupacións de asociacións de cazadores da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2027. (FO028A/BIS/2027)
- Subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonomico durante o ano 2027. (FO103B/2027)
- Subvencións a entidades deportivas da provincia da Coruña, sen ánimo de lucro, para infraestruturas de equipamento deportivo. (FO104/2027)
Prazo de solicitude pendente de abrir por extrato da Deputación.
Máis información e bases das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 3 de novembro de 2026.



