Axudas
Axudas de apoio á natalidade 2023
O prazo de solicitude das axudas de apoio á natalidade para o ano 2023 está aberto. Abrangue doce meses dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento, adopción ou acollemento e rematará o 31 de decembro 2023.
Beneficiarios: persoas empadroadas no Concello de Vilasantar que se convirtan en pais ou nais a través do nacemento, adopción ou acollemento dun fillo ou filla sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Cando menos un dos proxenitores deberá estar empadroado e residir no Concello de Vilasantar cunha antelación mínima de seis meses á data do parto ou acto de adopción ou acollemento.
- Os/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as deberán ser inscritos no padrón de habitantes do Concello de Vilasantar.
- Os proxenitores, ou polo menos un deles, deberanse comprometer a permanecer empadroados no Concello de Vilasantar, do mesmo xeito que o seu fillo/a, durante un período mínimo dun ano tras o nacemento deste. Esta circunstacia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello de Vilasantar, solicitando os informes que procedan.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do libro de familia e do DNI da persoa solicitante.
- Copia do auto xudicial de adopción de ser o caso.
- Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para beneficiarse da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do concello que non se cupre algún dos mencionados requisitos.
- Certificación dos datos bancarios para ingresar o improte da axuda, de ser o caso.
- Autorización para a consulta dos datos persoais do pardrón de habitantes do concello aos efectos da comprobación do efectivo empadroamento das persoas solicitantes.