Axudas
Axudas para entidades sen ánimo de lucro: investimentos de promoción económica 2024 da Deputación da Coruña
BOP nº 167 do 30 de agosto do 2024 e BOP nº 171 do 5 de setembro de 2024
Obxecto: Investimentos que contribúan á participación e estimulación da cohesión social, potencien condutas cívicas, favorezan a integración, loiten contra o despoboamento rural e melloren a calidade de vida das persoas.
Destinatarios: Entidades sen ánimo de lucro
- Asociacións veciñais: Obras ou equipamentos de interese xeral: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública, reforma e mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellorar a accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de
mobiliario ou equipamento informático, etc. - Asociacións de mulleres: reforma e mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellorar a accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de mobiliario ou equipamento informático, compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, etc.
- Comunidades de usuarios de augas: execución de obras ou equipamentos relativas ao saneamento e abastecemento de auga.
Importe máximo de subvención: 80% do orzamento solicitado (mínimo 1.000 € e máximo 28.000 €); orzamento mínimo a solicitar 1.200 € e máximo 35.000 €.
Valoración das solicitudes en función do coeficiente de financiamento por parte da asociación, do número de socias e socios, do impacto da proposta na loita contra a despoboación no rural e o seu impacto social.
Prazo solicitude: do 9 de setembro de 2024 (08:00 horas) ata o 30 de setembro de 2024 (14:00 horas), a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña.