Axudas
Convocatorias da Deputación da Coruña
Bases reguladoras do programa de axudas a asociacións, federacións e agrupacións de cazadores da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2025 (FO028A/BIS). Bases publicadas no BOP do 12 de novembro de 2024.
Beneficiarias: asociacións, federacións e agrpacións de asociacións de cazadores da provincia da Coruña.
Gastos subvencionables: compra de bens destinados á actividade: material non inventariable como sementes ou pesticidas legalmente autorizados; traballos realizados por outras empresas que sexan indispensables para a realización da actividade, directamente relacionados con rozas, semnteiras e podas; seguros TECOR.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 euros, máximo 10.000 euros.
- Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.000 euros.
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
Prazo de solicitude: ata o 16 de decembro de 2024 as 14:00 horas.
Bases reguladoras do programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2025 (FO103A/2025). Bases publicadas no BOP do 11 de novembro de 2024.
Beneficiarias: entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña, incluídas as federacións deportivas que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte dentro da provincia. Deberán ter entre os seus obxectivos o fomento do deporte ou actividades de formación en materia deportiva. As federacións deportivas poderán participar nesta convocatoria aínda que non teñan o domicilio fiscal na provincia da Coruña, sempre que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia.
Para os clubs deportivos este programa é incompatible cos programas FO103B/2025 e co FO103C/2025.
- Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 a 3.000 euros.
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 euros, máximo 37.500 euros.
Prazo de solicitude: ata o 16 de decembro de 2025 ás 14:00 horas.
Bases reguladoras do programa de axudas a clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2025. FO103B/2025. Bases publicadas no BOP do 11 de novembro de 2024.
Beneficiarias: clubs deportivos, sen fins de lucro, legamente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2025.
Gastos subvencionables: entre outros, compra de bens destinados á actividade (só a roupa da equipación oficial de competicións e adestramentos), traballos realizados por outras empresas, como lavandaría e seguridade; arrendamento de material deportivo, de vehículos e instalacións deportivas; transportes, etc.
- Importe da subvención que se vai conceder: de 1.000 a 36.000 euros.
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 eros e máximo 45.000 euros.
Prazo de solicitude: ata o 31 de xaneiro de 2025 ás 14:00 horas.
Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2025. FO104/2025. Bases publicadas no BOP do 11 de novembro de 2024.
Beneficiarias: entidades de carácter deportivo sen fins de lucro, inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
Gastos subvencionables: as axudas destinaranse á realización de investimentos deportivos, gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións propias da entidade, obra nova, bens inventariables e equipamento. No caso de adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións e obra nova, as instalacións deberán ser propias, non alugadas nin cedidas.
- Importe da subvencións que se vai conceder: de 1.000 a 40.000 euros.
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 euros.
Incompatibilidades: estas axudas son incompatibles coa presentación de solicitudes aos programas FO103A/2024, FO103B/2024, FO103C/2024 e FO103D/2024.
Prazo de solicitude: ata o 16 de decembro de 2024 ás 14:00 horas.
Bases reguladores do programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2025. FO028B. Bases publicadas no BOP do 11 de novembro de 2024.
Beneficiarias: entidades asociativas, federacións e agrupaciós de entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais, comunidades de montes; e ás asociacións, federacións e agrupacións de cazadores, en proxectos que sexan investimentos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto: a valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais; os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención de incendios, sinalización Tecor Societario, fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético, entre outras.
- Importe da subvención que se vai conceder; de 1.000 a 24.000 euros.
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 euros e máximo 30.000 euros.
Prazo de solicitude: ata o 16 de decembro de 2024 ás 14:00 horas.