Axudas
Convocatorias de axudas da Deputación da Coruña
Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2025 (FO204/2025) Bases publicadas no BOP do 10-12-2024.
Beneficiarias: entidades culturais, entidades veciñais e de tempo libre, entidades socioeducativas, entidades sociais e asistenciais, entidades representativas dos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega, fundacións e entidades titulares de museos; centros de interpretación ou bibliotecas.
Tipos de investimentos a subvencionar: obras; realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles propiedade da entidade solicitante ou sobre os que teña a cesión de uso por un mínimo de 10 anos desde a data de presentación da solicitudes. Equipamentos; mobiliario, equipamentos informáticos, material técnico e artístico vinculado ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade (vestiario, instrumentos, atrís, partituras…).
Importe do orzamento de gastos: sen límite.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo: 3.000 euros e máximo en función da modalidade:
A. Entidades culturais: 15:000 euros.
B. Entidades veciñais e de tempo libre: 10.000 euros.
C. Entidades socioeducativas: 10.000 euros.
D. Entidades sociais e asistenciais: 10.000 euros.
E. Entidades representativas dos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega: 15.000
euros.
F. Fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas: 15.000 euros.
Importe solicitado: ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Prazo de solicitude: ata o 16-01-2025 (ás 14:00 horas).
Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2025 (FO203/2025). Bases publicadas no BOP do 10-12-2024
Beneficiarias: entidades culturais, entidades veciñais e de tempo libre, entidades socioeducativas, entidades sociais e asistenciais.
Obxecto: o apoio ao desenvolvemento de proxectos e actividades culturais na provincia da Coruña por parte das entidades sen ánimo de lucro.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo: 3.000 euros e máximo en función da modalidade:
A. Entidades culturais: 30.000 euros.
B. Entidades veciñais e de tempo libre: 10.000 euros.
C. Entidades socioeducativas: 10.000 euros.
D. Entidades sociais e asistenciais: 10.000 euros.
Importe solicitado: ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: sen límite.
Prazo de solicitude: ata o 16-01-2025 (ás 14:00 horas).
Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos de promoción económica no ano 2025 (DP0042/2025). Bases publicadas no BOP do 10-12-2024
Beneficiarias: entidades veciñais e asociacións de mulleres da provincia da Coruña e sen ánimo de lucro
Obxecto:
– Eixo 1: Dirixido ás asociacións veciñais.
Destinarase á realización de investimentos por parte das asociacións veciñais: execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública, reforma e mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellorar a accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de mobiliario ou equipamento informático, etc.
– Eixo 2: Dirixido ás asociacións de mulleres.
Destinarase á realización de investimentos por parte das asociacións de mulleres, como reforma e mellora de mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de mobiliario ou equipamento informático, compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, etc.
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo: 1.000 euros e máximo 28.000 euros.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: de 1.250 euros ata 35.000 euros.
Prazo de solicitude: ata o 16-01-2025 (ás 14:00 horas).
Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades de promoción económica no ano 2025 (FOENAA/2025). Bases publicadas no BOP do 5-12-2024
Beneficiarias: entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña sen ánimo de lucro.
Obxecto: subvencionar accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado, mediante axudas á loxística e a distribución, por parte das entidades que forman parte dos seguintes ámbitos: colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio. Actividades a subvencionar:
– Organización de xornadas, seminarios ou galas relacionados coa promoción económica da provincia.
– Festas de recoñecido intereses turístico, feiras de artesanía, feiras de exaltación de produtos típicos da zona.
– Actividades de promoción, difusión e animación do comercio local (campañas de nadal, animación comercial en núcleos urbanos, decoración e animación en zonas comerciais, publicidade do comercio asociado, folletos, revistas, guías, etc).
Importe da subvención que se vai
conceder: mínimo: 1.500 euros e máximo 28.000 euros.
Importe solicitado: do 20% ao 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Importe do orzamento de gastos: de 7.500 euros ata 35.000 euros.
Prazo de solicitude: ata o 16-01-2025 (ás 14:00 horas).