Novas
CURSOS SOCORRISMO ACUÁTICO
Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:
AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 370 HORAS (290 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña e na Casa da Auga e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista o 6 de marzo de 2017 e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas física de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións por concello.
O prazo de inscrición será ata o próximo LUNS 13 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 5 inscricións enviadas POR MAIL por cada concello antes das 14 horas deste día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).
Mais información: Lourdes García (981778169)