Novas
CURTIS, SOBRADO E VILASANTAR REFORZAN A SÚA COLABORACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E LANZAN UN MANIFESTO CONXUNTO
Acordaron crear unha subcomisión en cada concello para activar o Protocolo de Actuación en canto se detecte algún caso de violencia machista.
Curtis, Sobrado e Vilasantar acordaron reforzar a coordinación das políticas contra a violencia de xénero entre os tres concellos a través da creación en cada concello dunha subcomisión de traballo que se porá en marcha en canto se detecte algún caso.
Aínda cada concello terá a súa propia capacidade de actuación, o eixe común será a inclusión en cada subcomisión do personal do CIM (Centro de Información ás Mulleres) que, con sede en Curtis, atende tamén a Sobrado e Vilasantar, así como a activación do Protocolo de Actuación contra a Violencia de Xénero aprobado en Curtis este verán e que recolle ls criterios que servirán de guía aos profesionais á hora de garantir unha atención integral ás víctimas e unha maior eficacia das súas actuacións.
Ademáis, na reunión mantida esta semana elaborouse un manifesto conxunto con motivo da celebración o 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero co fin de visualizar a necesidade de articular mecanismos en favor da igualdade real e no que se reafirma o compromiso dos concellos á hora de implantar políticas integrais contra a violencia machista.
Este novo paso entre os tres concellos dase despois da inclusión de Sobrado e Vilasantar este verán na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional para mellorar os sistema de recollida e intercambio de información. Esta Mesa está integrada por representantes municipais da área da Muller e Servizos Sociais, do CIM de Curtis, dos centros de saúde e dos centros educativos, do cuartel da Gardia Civil, do Xulgado de Paz, do Colexio de Avogados da Coruña, do Xulgado con competencias en violencia contra a muller do partido xudicial de Betanzos e da unidad contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno.