Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
O día 5 de xaneiro, chegaron os Reis Magos, neste caso tres raiñas, acompañadas polos paxes (tres nenas tamén), a Vilasantar. Fixeron a chegada á vivenda comunitaria de Vilasantar onde mantiveron conversa cos maiores alí presentes. Desprazouse logo a carroza, cara o Concello de Vilasantar, onde foron recibidos polo equipo de goberno; xa dende o balcón deron unhas palabras aos veciños e nenos presentes, para xa logo desprazarse toda a comitiva cara o local social de Vilasantar onde os reis recibiron un a un a todos os nenos presentes, facéndolles entrega dos agasallos. Logo, disfrutouse do espectáculo «O Capitán Garfo», onde os presentes aprenderon a cociñar dun maneira divertida e musical.
Xa como remate, houbo o tradicional chocolate con churros para todos.
Visite as fotos da xornada na galería fotográfica.