Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
O pasado día 5 de xaneiro os Reis Magos pasaron polo Concello de Vilasantar. Comezaron o seu percorrido na Vivenda Comunitaria as 17:00 h, logo saludaron dende o balcón do Concello e a continuación tivo lugar a entrega de regalos a cada neno no local social de Vilasantar.
Poden disfrutar das fotos da xornada na Galería Fotográfica.
Tras a entrega de regalos tivo lugar a actuación do polinstrumentista Pulpiño Viascón cos seus instrumentos máxicos e finalizou a xornada co tradicional chocolate con churros para todos os asistentes.