Novas
FEIRA AGROALIMENTARIA DE GALICIA MANXARES
Celebrouse este fin de semana, 16 e 17 de decembro, en Melide, a feira agroalimentaria de Galicia, «Manxares». Este evento, organizado polo GDR Ulla Tambre Mandeo, pon en valor os productos, tanto da mar coma da terra, para que os visitantes os incorporen ás comidas e ceas do nadal.
O Concello de Vilasantar, pertencente a este GDR, contou ca participación da Asociación «A Raiña», que xestiona actualmente o Centro de Agricultura Ecolóxica do Concello de Vilasantar, máis Bacallaos Boado, empresa asentada no Concello e referente no mundo do Bacallao. Asistiron á inauguración da feira Alcaldes, membros do GDR e a Conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez.