Novas
FESTIVAL ESPAZOS SONOROS
O conxunto de actividades e concertos que cada ano nos propón Espazos Sonoros convídanos a vivir a riqueza patrimonial espallada polo conxunto do territorio galego, a través dos sentidos e acompañados da fascinación que a música nos provoca.
Descarga o cartelo o catálogo de información dos diferentes lugares de Galicia
Xornada en Vilasantar: Ruta dos Muíños do río
Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica
A xornada comezará pola mañá cun percorrido cir-
cular pola Ruta dos Muíños. A ruta comeza na ponte
do Sapo, á que chegaremos a pé, logo de vir cami-
ñando desde a igrexa de Santa María de Mezon-
zo. Desde aí seguiremos o curso do río Cabalar, un
afluente do Tambre, e pasaremos a carón do muíño
da ponte do Sapo, do que aínda se conserva unha
casa vivenda e un serradoiro que era unha fábrica
de paus para os zocos. Continuaremos polo camiño
ata o punto onde conflúen as augas do río Cabalar
coas do Tambre, pegados á canle que conduce ata
unha minicentral eléctrica. O camiño continúa por
unha senda á marxe dereita do río Gándaras ata o
muíño das Cernadas, pasa a carón dunha fervenza
cun envolvente murmurio de augas e desvíase ata
outro dos puntos emblemáticos da ruta, o batán de
Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, coa
fervenza e co muíño, un complexo etnográfico dunha
beleza paisaxística e natural inigualable.
Pola tarde, logo do xantar, visitaremos a granxa
ecolóxica Millo e Landras para participarmos da ex-
periencia da elaboración de queixo do país artesán.
Programa da xornada
Mañá: saída ás 11 h da igrexa de Santa María de
Mezonzo e percorrido pola Ruta dos Muíños do río
Gándaras.
Ás 14 h, volta á igrexa de Mezonzo e xantar conxun-
to (prezo 12 euros) no campo da feira, con produtos
da horta e da granxa ecolóxica Millo e Landras.
Tarde: ás 16 h, obradoiro para a elaboración de
queixo artesán e visita ás instalacións da granxa Mi-
llo e Landras, con explicacións sobre os rudimentos
da agricultura ecolóxica.
Ás 20 h, concerto na igrexa de Santa María de Me-
zonzo.
Hora e lugar de encontro: 11 h, na igrexa de Santa
María de Mezonzo
Duración: 2 horas e media aprox.
Distancia: 12 km
Dificultade: media (a maior parte do camiño vai pe-
gado ao río)
Capacidade máxima: 50 persoas
Inscrición: do 19 ao 30 de agosto, en
actividades@espazossonoros.org
Prezo do xantar: 12 euros, inclúe tamén os produ-
tos necesarios para a elaboración do queixo
Non esquezas:
_Calzado cómodo para camiñar
_Unha gorra para o sol
_Un impermeable por se chove
_Auga, chocolate e unha mazá para o camiño