Novas
REÚNESE A FAMILIA DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO NUNHA XORNADA DE REUNIÓNS E DEBATE SOBRE O DESENVOLVEMENTO RURAL
Onte o GDR Ulla Tambre Mandeo, que xestiona as axudas Leader nos Concellos da Comarca de Arzúa, a Comarca de Melide e o Concello de Vilasantar, tivo unha maratoniana xornada de reunións, na súa cita anual coa Asamblea Xeral na que se deu conta das actividades e do presuposto GDR.
Entre outros asuntos, douse entrada a tres novas asociacións, que dende onte pasaron a formar parte do GDR, sumando un total de 66 asociacións e entidades.
-
AMARAI, Asociación de persoas con discapacidade e apoio á integración das comarcas de Arzúa e Melide, con sede en Arzúa, que ten como obxectivo conseguir a plena inclusión de persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade.
-
ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAÍSO con sede en Vilasantar ten como obxectivo a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión socialm e actualmente xestiona a Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.
-
ASOCIACIÓN AXÓUXERE ten entre os seus fines a difusión cultural en Vilasantar, a integración sociolaboral e a promoción de igualdade de oportunidades das mulleres.
Tras tratar tódolos puntos a actual xunta directiva acorda que na seguinte asamblea que se celebre realizaranse eleccións ao órgano directivo, tal e como marcan os estatutos.
En xeral, a xornada estivo marcada pola satisfacción do traballo realizado, sen perder de vista os obxectivos marcados e mellorando cada ano para lograr alcanzalos, pois como apunta o presidente, don Ovidio Leiva, a filosofía Leader non debe servir unicamente para axudar á posta de negocios en marcha, senon tamén para mellorar a innovación no rural.