Novas
SERVIZO DE RETIRADA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS E VOLUMINOSOS
O Concello de Vilasantar INFORMA que existe o servizo gratuíto de recollida de plásticos agrícolas (procedentes de silos, invernadoiros, hortas). Hay que chamar ao Concello (981 778 169) para que os servizos municipais pasen a recollelos. Os plásticos terán que estar doblados e atados.
O Concello retira voluminosos tres veces ao ano. Para a retirada de residuos voluminosos (colchóns, sofás, mobiliarios, electrodomésticos) haberá que chamar ao Concello (981 778 169) e anotarse. O Concello avisará en que data poderá sacalos ao contenedor máis cercano para que o servizo municipal pase a retiralo.
COMUNÍCASE que está prohibido levar ou deixar calquer tipo de residuo (plásticos agrícolas, neumáticos, madeiras, colchóns, sofás, electrodomésticos, televisións, residuos de construcción-demolición…) no antigo punto de plásticos agrícolas situado en Zanfoga, parroquia de Armental; visto o uso reiterado desta parcela como vertedoiro incontrolado, advírtese de que este Concello ten adoptado medidas para descubrir aos infractores presentes ou futuros. Asímesmo, está prohibido abandonar, depositar, verter ou eliminar calquer tipo de residuo no termo municipal de Vilasantar (pistas, cunetas, marxen dos ríos, parcelas públicas ou privadas, camiños…)
Aos efectos, aplicarase a Ley 22/2011 sobre o abandono de residuos, onde considera infracción grave o abandono, vertido ou eliminación de residuos con multas dende 901 € ata 45.000 €.