Novas
AXUDAS ASOCIACIÓNS 2018
Por decreto de alcaldía do día 10-10-2018 ABRESE o prazo para solicitar as subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2018.
O prazo para presentar as solicitudes é do 10 de outubro ao 12 de novembro de 2018.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentarase no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).