Axudas
MR708A – Axudas a proxectos de inversión en actividades non agrícolas
Modernización de empresas existentes mediante maquinaria ou equipamentos en actividades non agrarias.
Prazo ata o 28 de febreiro de 2023
Gastos subvencionables
Con carácter xeral, compra de maquinaria e equipamentos novos que sexan necesarios para desenvolver a actividade produtiva da empresa.
Proxectos subvencionables
Proxectos mínimo 10.000€ e máximo 220.000€ (no sector da artesanía: 5.000€ e 100.000€).
- Adquisición de bens de equipo para mellorar, ampliar e/ou modernizar:
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
d ) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
Beneficiarios:
- Microempresas e pequenas empresas de zonas rurais.
- Persoas físicas que residan en zona rural (traballadores por conta propia ou autónomos).
- Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
Contía: 45 % dos gastos subvencionables.
Máis info: AGADER
981547382
http://agader.xunta.es
DOG n.º 20 do 31 xaneiro de 2023