Cursos
Cursos de estilos comunicativos e resolución de conflitos na familia
No Concello de Vilasantar acolllemos dous cursos dirixidos a familias con fillos e fillas en idade escolar dentro do marco do proxecto Ardora e impartidos por Arraianas.
Estilos comunicativos
Tratarán conceptos básicos, estilos comunicativos adaptados ao desenvolvemento educativo das crianzas e estratexias para unha comunicación saudable.
- Martes, 7 de novembro de 2023
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar
Resolución de conflitos
Tratarán conceptos básicos e estratexias para afrontar os cambios no ciclo vital familiar.
- Martes, 21 de novembro de 2023
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar
Anótate xa chamando ao 981 77 82 57