Novas
VI CAMPUS DE ALEX BERGANTIÑOS
Coa chegada do verán volta a sexta edición do Campus de Fútbol Alex Bergantiños, dirixido a nenas e nenos nados entre o 2004 e o 2011.
As mañás do Campus estarán cheas de actividades, Educafútbol, Mente Activa, Orientación, Gymkanas de Auga, Palabras e Vocabulario, Cálculo Ánimado, Peregrinamos Polo Camiño do Norte acompañadas dun Aperitivo a media mañá.
Para a Inscrición do Campus poden descargar o díptico e entregalo nas oficinas municipais ou dirixirse o seguinte enderezo de correo electrónico deportes@vilasantar.com ata o 28 de Xuño.