Novas
VISITA INSTITUCIONAL DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, D. VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou o xoves 19 de outubro, unha visita institucional ao concello de Vilasantar, onde foi recibido polo alcalde, Fernando Pérez e algúns membros da Corporación municipal.
Foi recibido o Presidente Provincial, ás 16:30, na praza do Concello e antes de subir ó salón de plenos, visitaron a aula de informática do Concello onde intercambiou impresións cos veciños presentes na actividade municipal.
Xa no salón de plenos, o Alcalde solicitou distintas actuacións por parte da Deputación; concretamente solicitou a construcción dunha senda peonil, na parroquia de Présaras, estrada provincial DP-3205, dende o Chope ata o Cruceiro, pasando pola Carballeira, que é a marxe pola que transitarían os veciños cara a igrexa de Présaras, mellorando así, a seguridade viaria; aproveitaríase tamén, con esta actuación a colocación das tubaxes do saneamento.
Solicitouse, tamén nesta estrada provincial, o aglomerado da mesma, dende o cruce das Abeleiras (ata aquí xa está aglomerado) en dirección San Vicente; este tramo é moi transitado, e comunica cos Concellos de Curtis e de Sobrado e dá acceso a lugares das parroquias de Présaras, Armental, Vilariño e San Vicente. É un tramo de varios kilómetros e contemplouse a posibilidade de facelo por tramos, ano a ano.
Solicitou, tamén o Alcalde, que cos cartos das baixas das obras financiadas pola Deputación, financiamento para unha nova captación de auga na parroquia de San Vicente; adiantoulle ,o Presidente, que haberá un novo programa cas baixas dos concellos, o que lle permitiría ó Concello acometer dita actuación.
Pediúselle á Deputación, apoio para o Centro de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, que agora mesmo xestiona a asociación Raiña Paraiso. Comentar que este luns pasado, 16 de outubro, mantivose unha reunión no Centro Ecolóxico co xefe de servizo de desenvolvemento territorial e de medio ambiente da Deputación, Manuel Vázquez Sesmonde, acompañado pola técnica Sofía Agrafojo, xunto con membros da Asociación e o Alcalde do concello, para estudar posibles liñas de colaboración.
Tratáronse, a maiores, na reunión co Presidente, diferentes asuntos: apoio ós concellos pequenos e rurais, apoio en servizos básicos, tratamento de ordenanzas conxuntas nos concellos…
O remate da reunión no Concello, desprazáronse a estrada DP-9001 que conecta ca estrada municipal que dá acceso á parroquia de Vilariño, na que está previsto que comecen proximamente os traballos de ancheado e aglomerado do tramo provincial; cando o Alcalde fixera a solicitude destes traballos chegara o acordo de que o tramo pasase a ser de titularidade municipal logo da execución das obras.
Ás 17:30 rematou a visita e o Alcalde, Fernando Pérez, agradeceu, en nome de todos os veciños do Concello de Vilasantar a presenza do Presidente propvincial.